a regueira baixa rica
vai da balsa pra sanín
logo dun inverno seco
boa auga neste abril
a regueira co muiño
convidannos a unha festa
outra vez está a moer
e celebra a sementeira
o muiño da regueira
silenciado e esquecido
sen moer setenta anos
coma colleitas de millo
o muiño da regueira
en ruinas e tapado
polo camiño e as silvas
loce xa recuperado
a regueira e o muiño
con charlas e muiñeiras
e con parella de bois
celebran a sementeira
manolo pipas
muiño da regueira
en matamá recuperado
polo colectivo malaherba