Septembro 2012

29-9-2012

29 S contra o goberno




por terceira vez en cinco dias

miles de persoas rodean
o congreso dos diputados de madrid
e en varias cidades da galiza
tamen hai importantes movilizacions

na manifestacion de vigo
camiñamos da republicana farola de urzaiz

á porta do edificio da delegacion da xunta
e unha bandeira pirata tentou cobrir
as tres bandeiras dos titeres do capital

dixo unha anonima voz
se o congreso se ocupase
dos problemas da rua
non teria o problema de que
a rua
quixera ocupar o congreso

o cronista


29-9-2012

milo ke mandarini




musicas do mediterraneo

a mazan e a mandarina
milo ke mandarini en grego

occidente e oriente

cordas voz e percusion
que onte nos regalaron
unhas fermosas sonoras paisaxes
entre esta peninsula e a anatolia

na cova dos ratos na noite

cancions dun lonxano pasado
que cecais tamen nos axuden
a coñecer este presente

gostei desta foto sua
nunha mediterranea casa

con portas de duas cores
pero sentin non levar cámara
e captar as cores do concerto
da noite mediterranea no atlantico

lariño

27-9-2012

cismando máis na beira




Non sei que pena dá non ser nas ondas

e nós andar tan lonxe, tontamente,
vivindo nos conceptos, sendo monstruos,
cismnado, matinando, repensando,
erguendo máis cidades e máis odios,
cando berramos e imos, “ruido e furia”,
poñendo máis instancias e denuncias,
e non nos saúdamos, e esas ondas,
precisamente as ondas, sen pensalo,
saúdan polos aires co escumallo,
e nós choramos, rimos, aplaudimos
ata queimar a pel e quedar roncos,
bailando extrañosritmos como tolos.
Non sei porque cravamos tanto a vista,
pinchando inutilmente, porque o choro
e os libros e as ideas, tanta historia.
Non sei que pena da non ser nas ondas.

bernardino graña

poema de profecía do mar
á beira da ria en cangas
naceu hai oitenta anos
parabens bernardino


26-9-2012

reflexions a 26 s




unhas poucas e modestas reflexions

sobre o momento politico deste pais
e da represion ás movilizacions do 25 s

neste pais supostamente houbo
transicion da dictadura a democracia
e hai consenso de que non houbo ruptura

neste pais a dereita ainda non recoñeceu os crimes
do golpe de estado da guerra e da dictadura
e neste pais non hai estrema-esquerda parlamentaria
neo-fascistas sentados no congreso dos deputados
recoñecendose como tales

porque éstes supostamente estan dentro
das filas do partido popular


lideres deste partido comparan as movilizacions
pacificas do 25 de setembro do 2012
que foron brutalmente represaliadas pola policia
a que unha minoria de manifestantes
respostou con pedradas
co golpe de estado fascista do 23 de febreiro do 1981 !
pero hai tan pouca memoria !?!?
xa non lles queda nada de etica e vergoña !!
e teñen moito medo de perder o poder !!

hoxe perto do congreso na praza
de neptuno houbo miles de manifestantes
pero a policia non cargou conta eles


o cronista


25-9-2012

congreso e asamblea a 25-S




un congreso é unha reunion
de persoas para tratar un asunto

e un gran congreso
unha inmensa asamblea
queria realizarse nas portas
do congreso dos deputados
que dentro non hai sitio para todos
e o pequeno asunto a tratar
é pedir contas aos gobernantes
e logo se da tempo
falar da etica e da democracia
da liberdade e do sistema

pero capital non o permitiu
e obrigou aos politicos
a mandar as forzas represoras

hai centos de golpeados
e ducias de persoas detidas
golpeado e detido todo o pais

hoxe 25 de setembro
ás dez e pico da noite
na rua segue a represion

o cronista


25-9-2012

un regalo




regaloche esta flor

sobre a calma auga
o rosado e o verde
castrelos a charca
mañan de domingo
no medio do temporal
un momento de calma




23-9-2012

enfadado vento




esta noite e mañan

o vento do equinoccio
parece que anda
cabreado co mundo
que non para de dar
empuxons e patadas 

se non fose porque
as paredes son de ladrillo
poderiamos pensar
que nos vai tirar a casa
este enfadado vento
coa chuvia do equinoccio



22-9-2012

equinoccio




hoxe sabado vintedous de setembro

agora as duas e corentenove minutos
é un momento mui especial

os dous polos do planeta terra
están a igual distancia do sol
sentides o equinoccio !?

o paso do verán ao outono
a noite de hoxe vai ser igual ao dia
o dia coa mesma duracion que a noite

o equinoccio na cultura occidental
é o irmán pobre do solsticio
ben aprobeitado polas relixions

o paso do inverno á primavera
será o vindeiro equinoccio
e tampouco lle daremos importancia

o cronista

oliveira e nubes
un pouco antes
da hora sinalada


21-9-2012

debaixo do soportal




o pasado domingo

seteemedia da tarde
imaxe do que vía
desde a miña mesa
debaixo do soportal

os turistas do cruceiro
sen permiso nen etica
fotografian nesta praza
aos cativos nos seus xogos

eu ergo a camara
e so saen as sombrillas

das mesas de enfronte

lariño


19-9-2012

da trans-accion ao parlament-iño




deixounos o velliño
euro-comunista santiago carrillo

e hai uns meses tamen despedimos
ao social-demo-crata peces barba
e ao franquista-popular fraga iribarne
e na prensa os tres son citados no mesmo saco
como os grandes protagonistas da trans-icion

ah si ouh a trans-accion pois e o continuismo
e a monarquia imposta ou aceptada
por uns e polos outros

e el-rei estes dias outra vez deixou a neutralidade
e en vez de apuntar aos elefantes e bufalos
tiranos a dar aos das nacions do seu imperio
dias despois das sospeitosas detencions
a supostos terroristas independentistas

e alguen que me pediu unhas palabras
para a suposta dimision da popular-presidenta
pero esta non merece aquí mais comentario
xa que non foi protagonista da trans-accion

e dentro dun mes seica temos
as adiantadas e-leccions ao parlament-iño

outra pobre herdanza da trans-accion pois
e para as e-leccions fai falta unha boa leccion

o cronista

posdata
na fotografia o democrata rei
agachase diante do popular-franquista
na presencia dos outros protagonistas
da trans-accion que nunca van recoñecer


17-9-2012

o indulto do touro




un toureiro indulta a un touro...

leo na prensa
pero toureiro non é chamado
un amigo destes fermosos animais

un toureiro indultou a un touro
na mesma praza e mañán na que o torturou
e torturou e asasinou a outros cinco touros
cortandolles logo once orellas e un rabo

alguns non queremos
cortarlle as orellas ao toureiro
pero tampouco o indultamos

o cronista

posdata
cando nun concerto alguen do publico
lle chamou torero a silvio rodriguez
el contestou con moito tacto
que me llamaron obrero

16-9-2012

escoito a mikel laboa




o son da guitarra

do troveiro mikel laboa
é inconfundible

as suas melodias
no piano tamén son
ben identificables

e logo dunhas notas
esa voz da sua terra
e das terras todas

escoito lau bost kantuz
mentres escribo na computadora
outras veces no vello tocadiscos
grande e redondo o mikel laboa

as carátulas retratos e murais
os ollos a guitarra e a txapela
a comunidade e a comunicación
do mar e dos homes as mareas

non tiven a fortuna
de escoitado nun concerto
os lekeitios e mikel laboa
creacion musica e verso

manolo pipas