Xullo 2013

31-7-2013

zempasuchil e lavanda




duas ervas amigas

a sempasúchil e a lavanda
a flor dos mesoamericanos
e a planta mediterránea

unha flor para as mortas
outra para as augas perfumadas
e as duas rodean un anaco
de columna da casona matria

na rua dun tal murguía
na cidade de oaxaca
antes casa do dictador
agora queren recuperala

para os mortos e para as vivas
duas ervas que piden auga

pipas

imaxe abril 2013
e versos inéditos daquela
cando deixei oaxaca


28-7-2013

carta elexía para bertha




doctora bertha muñoz in memoriam


quería escribirche outro poema

e quedeime sen enerxía sen palabras
pero esta mañán pensei no teu hospital
pintado de branco e pensei no verde
das arbores dos xardins da facultade
e puxenme a escribir esta carta


quería facerche uns versos
e quedárame sen palabras
agardando a túa agarracheme
escribindo diante doutras mortes
dos meus que non coñecín
como as alunnas dunha amiga

poucas palabras faltaron por decir
pero algunhas eran importantes
e agora penso no teu hospital e nas aulas
penso nas curacions e nas tuas pláticas
nas saídas cos alunnos ás comunidades
máis pobres e alonxadas nas serras
e xa che estou escribinbo unha carta
aqueles poucos correos non deran paso
a unhas cartas en papel que era o noso

oaxaca o teu barrio os paseos as casonas
o zócalo e os nosos cafés e as conversas
pouco do movimento e moita historia
literatura e todas as culturas de oaxaca

e agora ollo as poucas fotos que gardo
e reparo nunha parella sentada nas escaleiras
serán os teus alunnos !? pero non me atrevín
a publicar esa imaxe e mandoche outra
as tuas aulas as palmeiras o gran loureiro
a fonte sen auga quen sabe cantos anos
e ao lonxe os cerros as comunidades da serra...

manolo pipas



27-7-2013

ducias de corazóns




ducias de escuros corazons

na porta do vello xulgado
concentrados en silencio

ducias de claras mensaxes
de dor de apoio de horror
de solidariedade de afectos

cheguei tarde para saber
quen deixou os seus corazóns

suxeitos ai a uns ferros

corazóns de letra pequena
de letra grande con debuxos
con máis corazóns pequenos

ducias de escuros corazóns
en silencio a vida coa morte
que nos ollan á beira do paseo

lariño

por repartir copias deste texto
dentro da estacion de trens de vigo
expulsaronme dela e do aparcamento
porque non se pode repartir propaganda

na tarde tamén puxen copias
á beira dos escuros corazóns
cos que o vento xogaba




27-7-2013

masa de cesar vallejo




Al fin de la batalla,

y muerto el combatiente, vino hacia él un hombre
y le dijo: «¡No mueras, te amo tanto!»
Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Se le acercaron dos y repitiéronle:
«¡No nos dejes! ¡Valor! ¡Vuelve a la vida!»
Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Acudieron a él veinte, cien, mil, quinientos mil,
clamando «¡Tanto amor y no poder nada
contra la muerte!»

Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Le rodearon millones de individuos,
con un ruego común: «¡Quédate hermano!»
Pero el cadáver ¡ay! siguió muriendo.

Entonces todos los hombres de la tierra
le rodearon; les vio el cadáver triste, emocionado;
incorporóse lentamente,
abrazó al primer hombre; echóse a andar...

césar vallejo


26-7-2013

dor e solidariedade vallejo




homenaxe ao poeta cesar vallejo

o autor de trilce e os poemas humanos
e españa aparta de mi este cáliz
na cova dos ratos onte a noite
por voces peruanas chilenas cubanas
uruguayas colombianas e galegas

un evento que non se podía suspender
do vallejo da dor e da solidariedade
cos xestos as mans as apertas...
logo de recitar o poema masa

ao final do evento convidaronme recitar
e compartin morte na alta velocidade
e estes versos sobre a homenaxe
dor e solidariedade

pipas


25-7-2013

morte na alta velocidade




hoxe é dia da matria
e agora as nove da mañán
baixo esta fermosa poalla
pensaba ir a compostela
en transporte colectivo en tren
nun tren rexional e lento
deses que nos queren retirar
para meter os de alta velocidade
con perigosas curvas
como esa na que onte
morreron oitenta persoas
e hai cento corentecinco feridas
por un erro humano
e polas grandes deficiencias

neste tramo da liña do tren
polos recortes do goberno

ainda non sei se coñezo a algún
morto ou ferido nese tren !
porque corremos tanto
se case ninguén ten tanta presa
por chegar ao seu destino ?

na imaxe o mapa da galiza
con todas as estacions de tren
que pechou ou golpeou o ave

agora vou chamar ao hospital
para ver se podo doar sangue
e estes dias nun tren rexional
tentarei voltar a compostela

manolo pipas



24-7-2013

deste curioso dia




O 25 de xullo, en Santiago,

é un día magnífico, surrealista, extrano,
divertido, inquetante, agobiante…
É coma unha película de Fellini, rodada
en exteriores, cuns cantos actores principais
e unha chea de extras.


carlosdeteis.blogspot.com


ah si o dia da patria
o hino a bandeira a estrela
as manifestacions-procesións
o mitin o sermón o pulpito !
e que compartimos nós con pondal ?
que facemos co apostolo ?
que lle debemos a prisciliano ?
o escudo de castelao afinará
ben coa estrela bermella ?
reixa recén expulsado da sgae
pode ser o noso fellini !

os petroglifos as mamoas
as rías as montañas
as tribus a fala a matria
o noso laverinto
do vintecinco

pipasdecoia

23-7-2013

comunicado urxente




Comunicado urgente a 22 de julio

Policía Estatal y sicarios de la española
Gas Natural Fenosa balacean a simpatizantes
de la Asamblea Popular del Pueblo Juchiteco

http//:tierraylibertad.wordpress.com


de juchitán a karnota
da serra do cando a xadani
maldita fenosa maldita

de oaxaca a galiza
de jalapa a castrelo de miño
dos encoros ás eólicas
malditas eléctricas malditas

fenosa e outras electricas
teñen asasinos a soldo
en mexico en guatemala en chile...
destrozan comunidades
golpean e matan a comuneiros

manolo pipas

22-7-2013

perna cruzada e bastón




a cara da muller

sobre a cara do home
ela coa perna cruzada
el coa man sobre o bastón
neste cruce de camiños

domingo oito da tarde
parella dunha certa idade
sentada na farola de urzáiz
falando daqueles lonxanos anos
nos que tiñan pouco tempo para falar

lariño


21-7-2013

versus cianuro


   

       I


¿Pra qué (me) queredes abrir
unha fenda
sobre a pel
que habita ó meu útero?

¿Pra que as bestas
me coman a min
e toda a miña
fecundidade?

Que vaian rillar nas vísceras
dos seus iguais
que a min non me van rachar
o sustento de terra
que nos sostén .

                II

Vender a terra a cambio de nada
              de morte precaria
              que escorrega
    tras as súas palabras

Cánto máis podemos desexar
que nin o noso corpo
pode aturar...

Os camiños son as pernas da terra,
as montañas os seus peitos
tralos que se erquen os latexos.
O seu ventre está fechado
as ansias infames,
depredadoras de sangue
que aniquilan a sua vontade.


aurora abeleiras

texto do libro
versus cianuro  poemas contra
a mina de ouro de corcoesto
debuxo do libro de nolo suárez
   
 
20-7-2013

poetas por corcoesto





versus cianuro   poemas
contra a mina de ouro de corcoesto

corcoesto en cabana de bergantiños
é unha aldea á beira do río anllons
o ouro é un metal mui valioso
que se pode estraer dunha mina
a mina é unha ferida na terra
a terra fala na voz dos poetas
poemas contra a mina de ouro
palabras na defensa de corcoesto


corcoesto en cabana de bergantiños
á beira do río anllons a nosa vida
e de fóra a ameaza da dinamita


o cianuro e o arsénico



sábado día 20 de xullo ás 20:30 h presentación
do libro "versus cianuro" poemas contra a mina
de ouro de corcoestono centro social Bou Eva
(r/ Terzo de Fóra, 11, Vigo) e ás 19:30 h, teremos
a charla-debate minaría e destrución do territorio.





20-7-2013

aire ventos e metais




gosto dos nomes
das posibles familias

de instrumentos musicais
ventos cordas e percusions

onte escoitei unha banda
con saxos e trombón
uns ventos que chaman metais
pero porque a outros ventos
non lle chamarán madeiras?

o miradoiro sobre a ría
metais na praza de pedra
a fonte coa seccion ritmica
la última perra banda

faltábame onte algo de aire
e agradecín eses ventos
o espacio que se encheu
e as voltas das conversas

manolo pipas