Decembro 2013

31-12-2013

escuelitas zapatistas




     a nuria e pascu

unha carta traen as nubes
das montañas e das selvas
nesta carta a invitacion
a voltar por esas terras

unha carta trae o vento
desde as milpas de chiapas
chea de comunidade
coa palabra declarada

unha carta traen as ondas
dos corazóns zapatistas
eles contan que vaiamos
uns días ás escuelitas

esta carta agradecemos
nestes versos neste canto 
desta volta non podemos
que temos outros traballos

nesta carta desexamos
que vaia ben a escuelita
que sigan medrando os lazos
uns abrasos zapatistas

manolo pipas



30-12-2013

un minuto amiga




amiga un minuto de silencio

contra tantos outros minutos
horas dias meses ... de berros

un minuto de silencio amiga
amiga entre todas entre todos
en silencio canta e canta vida


imaxe da concentración
de hoxe polo asasinato machista
de isabel perez en marin



29-12-2013

as mulleres e os bispos




se os bispos pariran

o aborto sería legal
leo en alto esta pintada
para que oia a señora que teño
a miña dereita no semáforo
e contestame ela
todo se andará!
cara onde?
debin preguntar


ilegalizar os sindicatos e as folgas?
homosexuais e lesvianas a prisión?
ilegalizar o diborcio?
voltar á inquisicion?

o cronista


28-12-2013

a revolucion e a morriña




na noite do chamado fin de ano
vinte anos que se van cumprir
da revolución zapatista
de bolon ajaw a oventic

entre as selvas e as montañas
van sonar as suas caracolas
e os compas van celabralo
traballando nas zapatistas escolas

alguns de nós fomos convidados
ás escolas e á comunitaria festa
pero a min desta volta non me tocaba
a terra a casa os corazóns estes poemas

manolo pipas



27-12-2013

malos tempos para a lirica




malos tempos para a lírica

malos tempos para a lírica e a épica

cando siniestro total e golpes bajos
andaban a dar sinistros golpes
na nosa cidade e logo no país
eu daquela e despois pouco reparei neles
pola sua musica e a sua estética
eu daquela escoitaba folk e cantautores
que agora chaman cancion de autor
da galiza de portugal da peninsula...
da outra beira do charco...

agora que se foi a chamada
voz da movida e grande letrista
quedamos co seu ultimo disco américa herida
versións roqueiras daqueles autores que alguns
nunca deixamos de escoitar
violeta parra daniel viglietti victor jara ….
bo traballo o seu e tamén sentin non oir
estas cancions en directo

e fíxoa boa ese curioso e sinalado día
como outra das súas probocacións
sinistro golpe germán

o cronista



26-12-2013

ollos que non ven




hai unhas semanas apareceron
coladas en varios pontos na cidade
grandes fotografías de caras
de persoas maiores como ésta

ollos que non ven chámase
a furtiva exposición na rúa
de edward morgan que nace
do insultante nome da campaña
da empresa novagaliciabanco
ollos que ven
corazón que sente
que se rí das miles
de persoas roubadas
nos aforros
das chamadas preferentes

caras coma ésta da imaxe
nos muros da vella panificadora
sobre a perdida estación de tren
nunha parede a poucos metros
da bliblioteca da "caixa" das travesas

caras coma ésta da imaxe
nas paredes das oficinas pechadas...

o cronista



24-12-2013

vella arbore




esta vella árbore

como unha matriarca
do bosco pequeno

pasan os paxaros
caen as ultimas follas
todo movemento

os ollos pechados
o vento e uns chíos
no bosco o tempo

a árbore chámase carballo
pero cando é moi grande
chamanlle carballa
e a imaxe ten un día
xusto antes da temporala

na bouza



23-12-2013

valiosas caixas baleiras




camiñando nestas datas

no paseo da cidade
abraiado eu observo
o que vedes nesta imaxe

caixas baleiras un cento
co seu fermoso laziño
como adorno navideño
para grandes e meniños

e dinme questas caixiñas
pola noite e polo día
tiñan que ser vixiadas
por garridos policías

e os pobres pasma-rotes
queixaronse desta ofensa
queren cacos e manifas
non coidar caixas baleiras

o cronista



22-12-2013

mulleres fora da lei




unha das letras

desta xusta e ilegal consigna
pintada coa vosa revelde cor
quedou fora da imaxe
coma miles de vos amigas
que quedades fora da represora lei

o cronista


21-12-2013

que decidan as mulleres




ser muller e poder ser nai

e eses instintos de quen da vida
de quen comparte

ser home e ser un producto
e do judeo-cristianismo e do patriarcado
de quen domina

manifestamonos onte polas ruas
contra o ministro da inxustiza
e concentrámonos na porta da igrexa
a decir as verdades silenciadas
e os de dentro sairon coa sua violencia

que decidan as mulleres
aborto livre e gratuito se vos queredes

o cronista



20-12-2013

solsticio trece e lua




o solsticio de inverno é un día

e tamén un pequeno espacio
de tempo entre varios dias e noites
o dia trece das lucías di a tradicion
que baixa a noite e medra o dia
pero quen sabe

trece corazóns tamen viñeron
ao noso recital do martes graciñas
o trece numero máxico dos mayas
e doutras mesoamericanas culturas
e estes dias a lua chea estivo tremenda

sol sols solsticio
solsticio de inverno
coa sua tan pouca luz
pero este solsticio ou sol quedo
tamen podería ter un nome coa lua
como lua da noite longa

manolo pipas


20-12-2013

a bagunda na cova




miñas donas meus señores
arte nativa a bagunda
de bouzas a lavadores
esta música profunda

cordas vento percusión
quinteto republicano
outra vez de foliada
aki na cova dos ratos

neste jarito vegano
un pelexo en repenique
pero compas estar tranquis
que é de coiro de cacique

eles voltan dunha xira
novamente no palquiño
a bagunda non se vende
ben que di o estribillo

versos rematados
no concerto e lidos logo
na barra na intimidade

o cronista