Decembro 2013

18-12-2013

serigrafias nitu nitu e acordeon




decima e cuarteta para dúas serigrafías de nubes
botella nitu nitu e acordeón de chus láuzara


nesas nubes de oaxaca
nitu nitu e a gamela
van dentro dunha botella
cara ás terras das chamacas,
nova viaxe soñada
por unha serigrafía
realidade e utopía
chidas formas cores lus,
ai que regalo da chus
entre oaxaca e a ría

outra lámina servando
levou con moita emoción
no lugar do nitu nitu
ía o seu acordeón


pipas o güero



18-12-2013

de nubes e nitu nitus




polo ceo pasan unhas nubes            

e as chiquitas xogan adiviñar
as posibles e imposibles formas
dos cambiantes brancos entre azuis
unha cancha de beisbol
o milenario arbol de el tule
un comal unha tortilla
un chile unha chilacayota
o mapa do malo pais do norte
unha estela de monte albán


durante a asamblea   
sentados sobre o petate
á cativa da serra juárez
quero ensinar a facer
dragonciños voadores
e ela mui seria contestame
yo no tengo cuatro manos
á comunidade de dragonciños
eveline e dalia falan de porlle nome
los pájaros del paraíso
resolve a cativa


poemas da viaxe ao pais das nubes
que chus láuzara escribiu nas duas
serigrafías que nos regalou a trovador
e cronista
e onte acorcei recitar o primeiro
que me faltaba unha chamaca pro dialogo
imaxe do recital na libraría andel


manolo pipas


17-12-2013

as nubes e as comunidades




as nubes e as pedras de yagul

a lúa e a milpa de suchilapan
as nubes e a ceiba de toniná
as estrelas e o silencio de huautla

as nubes e as cunchas de nuyoo
o sol e o río verde de tataltepec
as nubes e as ondas de zipolite
a lúa e as lendas de ecatepec

as nubes e o altiplano de atenco
o solpor e os amates de chimalapas
as nubes e os cerros de oventic
a lúa e as bugambilias de iztapalapa

as estrelas e o vento de juchitán
o mencer e o cafetal de cotzocón
a lúa e as tumbas de tlatelolco
o paliacate e as nubes de bolón

nova version dun poema da milpa
recitado hai unhas horas en andel
imaxe das nubes de oaxaca

manolo pipas




16-12-2013

batang masaya neno feliz




o neno soña cunha bicicleta
a cativa o seu brazo xa levanta
ao neno cheganlle as muletas
a cativa xa vai ser operada

    e hai nenos e cativas da rúa
    que soñan cun teito ollando a lúa

a nena tagala recibe as suas gafas
o neno cebuano xa camiña no orfanato
a cativa pampanga so quere ser feliz
o neno samareño xa vai ser adoptado

    e hai nenos e cativas da rúa
    que soñan cun teito ollando a lúa


este poema la niña y su hermanito
o internado e a luna e iolandas filipinas
reciteinos onte no café de catro a catro
en apoio á recontrucción dun orfanato
das illas sisayas das filipinas
batangmasaya.blogspot.com

manolo pipas
16-12-2013

la niña y su hermanito




Dos años tiene el chiquito
su hermana no llega a dies
y ya lo carga otra ves
por este barrio maldito,
el camino es infinito
y son tan cortos los pasos
este retrato yo traso
como una movida foto,
de su presente tan roto
sus vidas no tienen caso

Dos años tiene el chiquito
a dies su hermana no llega
ella siempre que se entrega
el reboso es todo un rito,
ya camina Jana con Tito
llevan las pansas vasías
venden dulses y alegrías
chicles de varios colores,
alguna ves sus dolores
y pequeñas utopías

Dos años tiene este crio
y ya lo carga su hermana
ay camina Tito con Jana
pal otro lado del río,
disen que ya llega el frío
a estos techos de cartón
hoy su madre no salió
que se encontraba malita,
calentada la sopita
otro dia ya pasó

diego minas
oaxaca 2010

15-12-2013

tecas nubes e aves




teca díxome que non sabía

do país das nubes de oaxaca
e conteille un pouquiño del
e dos pobos das nubes e da chuvia
nas montañas da sierra madre
e falamos da jacaranda
e dos tamarindos da costa
entre oaxaca e bahía...
e agora tamén lle conto
que as tecas son descendentes
das zapotecas das montañas
que camiñaron cara a chaira
á beira do mar grande
e a terra das tecas é o lugar
das flores na rexión do vento
que outros queren roubar

teca é poeta e psicóloga
unha curandeira pues
entre o vazío e as nubes
entre negras sombras e destellos

intercambiamos os nosos libros
de lampejos e nubes e para ela fixen
unha pequena ave de papel
que ela chamou gaivota
e díxome que lle ía dar de comer
nubes e de beber auga salgada
pero a gaivota voou e logo saiu
unha posible ave tropical
pola suas ricas cores
como a da imaxe co seu libro
e o fondo é un paliacate
do país das nubes

manolo pipas



15-12-2013

as nubes e as cores de teca




e chegou teca barreiro

doutro país das nubes
e falou dalguén que ten
unha mirada de tamarindo
e dixo que o negra sombra
ten forma de cova e útero
e a este lokal tan escuro
trouxo todas as cores das illas
e falou de ausencias e regresos
con versos entre brasil e canarias

a teca tan ben acompañada
pola guitarra de paco barreiro
e a festa dos sentidos sumouse
a armónica de xico de cariño
destellos en el vacío lampejos
no vazío o bilingüe libro
que nos presentou a teca

manolo pipas


14-12-2013

o internado e a luna




éste é un dos tres ultimos internados  
que se fixeron logo daquela revolución
nenas e nenos de familias pobres  
e nenos da rúa e dos subterráneos
xuntos cinco dias entre muros  
entre as súas clases talleres e xogos
para que o venres volvan algunhas  
coas súas familias ás súas casas

luna xogando coa súa pandilla  
na auga da soleada alberca
e sae a repartir bicos entre nós  
e logo tres nenas de uniforme verde
veñen até nós e platicamos un pouco  
pero tardo un estraño tempo
en descubrir que unha delas  
é a nena luna da alberca

e saímos desta porta destes
muros
con preguntas e silencios
con preguntas que te calas  
e silencios que van contigo
con ganas de voltar e de fuxir  
descobrindo pequenas cousas
entre estes gastados muros  
fillos daquela lonxana revolución
muros e rúas   rúas e muros   
o vello internado e a nova luna

manolo pipas
cidade de mexico 08




12-12-2013

a viaxe e os espacios recital




nova viaxe ao país das nubes


este debuxo do país das nubes
acompaña o capítulo o camiño
e os espacios da milpa e o paliacate
este tríptico de eva castro acompaña
poemas cronikas diálogos e letras
de tres viaxes ás terras de mesoamérica
e está feito a partires de tres fotografias
que ela escolleu entre unhas poucas máis
este é un trisquel dunha comunidade
das zapotecas das nubes da serra norte
a casa a cociña a rapaza amasando
a tortilla de millo a pota do café...
e nós amasando este recital

viaxes versos e recitado manolo pipas
canto guitarra e acordeón servando barreiro
na libraria andel martes 17 as oito e media
na rua das camelias de beatriz 102
recital con textos dos libros viaxe
ao país das nubes e a milpa e o paliacate
ilustrados por pedro currás e eva castro
e outros poemas de vivencias publicadas
en
envolventesaspalabras.info


11-12-2013

batang masaya filipinas




batang masaya filipinas

neno feliz destas lonxanas illas
batang masaya organiza un evento
solidario para recaudar fondos
e apoiar a reconstrucción do orfanato
público de leyte nas illas visayas
rexión afectada polo tifón iolanda (haiyan)

será no café de catro a catro
rúa gerona 16 travesas vigo
o domingo 10 ás 7 da tarde e actuarán
núria badia con escenificación
poética
brenda vidal piano teresa nunes
soprano
manolo pipas declamación poética

e javier marcos guitarra e voz
ao remate haberá unha poxa de pinturas
as entradas son a cinco euros
no café de catro a catro
batangmasaya.blogspot.com


11-12-2013

te-roxo e erva-luisa




  a alfonso láuzara


noite-día do faro de teis
libro verde salgado e dóce
da costa ás ondas á travesía
das rías baixas ás rías altas

vai o teu latexo pola serea
sol cometa eclipse firmamento
firme a túa húmida palabra

faltame o poema lúa no teu libro
pero esa túa noite-día é todo lúa
o namoro do te-roxo e a erva-luisa


noite-día foi presentado
hai unhas horas na librería andel
con farrapos de boneca de rochi
lúcidas e escuras descargas poeticas
para as que desta volta non hai cronika
a alfonso debíalle un poema
que non saiu na noite-día da cova
á boneca xa llo fixen hai uns días
imaxe ao sur de teis hai uns solpores


manolo pipas


08-12-2013

noite farrapos dia bonecas




noite-día e farrapos de bonecas

poesía na libraría andel

coa presentacion do libro
noite-día de alfonso láuzara
e o libro-disco farrapos
de boneca de rochi nóvoa
martes día 10 as oito e media
rua das camelias de beatriz 102

entre o escuro e a luz
os poemas de alfonso
e os escuros poemas de rochi
que buscan luz entre guitarras

imaxe sobre a praia onte