Decembro 2013

07-12-2013

un home de lonxe




desde hai uns meses

un home de lonxe
anda perdido polo barrio
ou anda buscándose

vexoo a miudo na rúa
sentado no chan ou nun banco
ou camiñando cara ningures
e falando so ou consigo mesmo
ou cos seus moitos fantasmas

este home duns trinta anos
algunhas veces pide esmola
e fala mui rápido francés
pero so lle puiden entender
unhas poucas palabras soltas
e non me atrevín a dirixirme a el

dias despois boteille unha moeda
e pregunteille de donde viña
da bourgogne dixome o home

lariño



06-12-2013

perdido zapatiño




esquecido este zapato

pola escola de idiomas
pequeno pe minimo canto
da cativa lúa ou aurora

lariño


04-12-2013

bonecas cores e luces




as bonecas da autora de sobradelo

nacen de farrapos e de retais
en longas noites de reveldes lúas

as bonecas de rochi nóvoa
non son tan escuras coma moitos
dos seus poemas e fotografías
pero teñen unha cara moi seria

as músicas e as voces
dos seus catro compas
tamén son máis luminosas
e no frío ourense tan frío
no ateneo habia moita cor

a poeta os farrapos as bonecas
as cores as luces e a revelde lúa

manolo pipas



02-12-2013

farrapos de boneca




silencio ninguén fala


Escribo
para roubarlle tempo á soedade
para atopar un sorriso furtivo
entretéñome.

Calo, si que estrano
calo por medo a indiferencia.

Tento borrar o teu recordo
a teu olor
ese cheiro a frescura rancia
maquelada en teorías astrais.

Tristura tatuada nos ollos
que sorrín
para o disimulo do que observa.

Engulo recordos
bebo morriña
e escupo sangue.

rochi nóvoa 

do libro-disco farrapos de boneca
que se presenta no ateneo
de ourense martes 3 as 20:30

 



02-12-2013

os fíos da cultura




gostanme os libros que teñen

as suas follas cosidas con fío
a vella maquina de coser
ten un fermoso son familiar
o noso redondo mundo
construímo cun longo fío
cunha corda con puntadas
calcetando e  moldeando
con notas e con pinceladas
con poemas e con cantos

o mundo o noso mundo
tamén é unha grande feira
de intercambio de cousas
e traballos por diñeiro
e os menos intercambian
cousas por cousas
traballos por traballos
traballos por cousas …
e outras fan intercambio
co chamado banco do tempo

góstanme os libros que teñen
as súas follas cosidas co fío
e o son das maquinas de coser

imaxe de urdime
propostas culturais
onte na feira culturgal 

lariño



01-12-2013

calcetando




as catro da tarde

chegando a redondela
unha muller no tren
con la marrón calceta
e queda dormida xusto
no medio da sua chaqueta

lariño



01-12-2013

este plastico que nos acompaña




a imaxe deste plástico é de hai un rato

aínda me quedan dous e topeinos hai anos
enroiados nun contenedor de lixo
e cada dous anos o tempo o sol o frio
e o vento descompoñen este plástico
como a imaxe que xa  ilustrou
a cronica do día  13  de novembro
o negro o azul e o branco sempre
sobre o fondo verde doutro plástico
reutilizado nun coberto a carón da casa
e neste vello país do chapapote
hoxe xa van once anos daquel

inmenso berro na praza do obradoiro!
como porque e para que?
e seguimos saindo as ruas e as prazas
con este curioso lema neste plástico
contra o petroleo que o proboca

mentres non reducimos o seu consumo
como porque e para que?

o cronista