Septembro 2014

01-10-2014

dese símbolo franquista

 


tardou un pouquiño esta crónika

non había presa que o símbolo fascista

ao que xa lle adicamos varias entradas

vai seguir máis tempo do que quixeramos

e quen sabe se finalmente o tirarán

pode faltar presuposto para derrubala

poden cambiar as leis …

a historia que se aprende 

case sempre é a dos vencedores

 

do polémico monumento

os colectivos da memoria dixeron

espada no corazón da cidade

e a espada e a cruz durante séculos

camiñaron ben xuntas

e tirar a cruz do castro

será un pequeno e gran feito

pola memoria e a xustiza

para as persoas represaliadas

 

o cronista



29-9-2014

donas dos vosos corpos

 


as mulleres festexastes nas rúas

no día internacional dos dereitos

sexuais e reproductivos as mulleres

festexastes nas rúas e nas prazas

a derrota da reforma machista

camiñando e danzando

donas dos vosos corpos

 

o cronista



 

28-9-2014

buscando unha taberna salgada

 

 

nós non somos mariñeiros e deixamos

a libraría andel cun estraño rumbo

inconscientes se cadra tirando pro mar

buscando algunha pequena taberna salgada

da rúa das camelias subimos por cunqueiro

baixamos pola chamada praza de independencia

logo urbano lugrís e a memoria do vello andel

e seguimos camiño de coia pola antiga seara

 

e xa cheirando o mar nós fomos

atracar nunha esquina das travesas

no carballo falamos bebimos comimos

ai a mestiza fala dos mariñeiros

ai bernardino avilés manuel antonio...

a rúa coruña entre bouzas e vigo

vai destas antigas travesas á beiramar

para dar co naval que antes era praias

e coas historias de urbano lugrís

deste barrio e da memoria dos tranvías

do instituto santairene e do bar hipólito

fomos chegando ao borrazás de orzán

 

con xosé iglesias maría xosé fernández

xurxo souto ana miranda paco souto

alfonso láuzara iolanda galanes

e fernando miranda

 

manolo pipas

 

 

28-9-2014

entre oceánicos poemas

 

 

o caldeirón é un mamífero mariño

irmán maior de golfiñas e arroases

caldeirón é un pequeno barco

editorial de poemas de terra e mar

e ao peirao do andel chegou

a transfusión oceánica do xosé

da man do paco souto poeta

taberneiro editor e percebeiro

e do xurxo souto un terrícola

que ten querencia polo mar

diatónico oceánico ese aire

da súa voz e salgado acordeón

 

ana miranda trouxo unha patela peixeira

chea de libros de poetas das rías o do mar

e xosé iglesias pediu máis voces amigas

alfonso láuzara amante noitedía de sal

miguel alonso forxando soños de cativas

e maría xosé coa vida  do val do eo

logo de coordinar na presentación

imaxes e videos de nove metros

 

dános mariñeiro xosé outra transfusión de mar

e falou e recitou os poemas do seu barco-libro

nove metros de aventura nas bravas augas

para gañar o changüi mentres maduras poemas

 

ribadulla corcón improvisóu longo

versos livres da familia mariñeira

entre as rías e o mar aberto

e sonaron unha e outra vez

as oceánicas buguinas medre o mar

 

dános mariñeiro xosé outra grande

transfusión oceánica astronómica

que eu poño unha pequena décima

 

por tres horas mariñeiras

xosé faise timonel

do barco máxico andel

que xa zarpa da ribeira,

as ondas son ventureiras

e suma á tripulación

golfiñas e caldeiróns

do interior e máis das rías,

medra rica a poesía

dos salgados corazóns

 

manolo pipas

 

imaxe xaime nogueira

 

 

 

 

27-9-2014

nove metros

 


Merquei nove metros de liberdade

a cambio de ser un escravo do mar

Hipotequei o meu destino ao vento

á calma ás ondas á maraxe

Aos trescentos sesenta rumbos do compás

e as noites debaixo do Universo

Merquei nove metros de océano

o acuario eterno onde os meus soños

se mesturan entre cardumes e sereas

Firmei contrato indefinido co ceo

Buscarían sempre os meus ollos

os horizontes e as estrelas!

Merquei novecentos centímetros de pan

de suor de cheirume de traballo

de paciencia de escravitude e de honor

Merquei o meu cadaleito

o mar

Merquei a miña liberdade

o meu barco

E merquei o meu soño

detrás dun timón

 

xosé iglesias

 

do libro transfusión oceánica

presentado onte en andel

e haberá crónika

 

 

 

25-9-2014

o chopo das catro polas

 


o grandote chopo de coia das catro pólas

 

hai un chopo en castelao

unha árbore grandota

como álamos e carballos

regala miles de follas

 

en coia temos un chopo

árbore de catro pólas

as catro saen do chan

ai que rabudas e tolas

 

este chopo é moi amigo

das ortensias e as begonias

das velliñas e os cativos

das bicis e das pelotas

 

esta árbore dalle a vida

a merlos pegas e pombas

baixo del e baixo as ervas

as toupeiras e as miñocas

 

a media altura do chopo

uns parrulos voan pra bouza

un chiguagua e un caniche

tolos trás dunha gaivota

 

este chopo nós coidemos

con todo o verde de coia

esta árbore algo velliña

que siga mudando as follas

 

texto de hai quince dias

imaxe de hoxe mesmo

 

un veciño de coia

 

 

24-9-2014

colleita

 


rica e xenerosa a terra

poucos foron os coidados

pero deu boa equinocia colleita

 

lariño

 

 

 

21-9-2014

familia bar hipólito

 


e foron varios días festexando

que ésta foi a nosa outra casa

 

ai meu bar hipólito vello bar

cóntame un pouco da túa historia

atravesache cincoenteoito anos

sen moverte nada das travesas

 

viñeron e tocaron os de sempre

entre versos os dos últimos anos

e algúns que antes non entraran

tamén cantaron no bar hipólito

 

ai meu bar hipolito que me contas

conto catro ventanais duas entradas

unha porta parece que nunca se abre

e a outra porta non se quere pechar

 

varios días de encontros

nésta que foi a nosa outra casa

familia bar hipólito chus iago poli

que con swing siga ben o camiño

 

imaxe de lydia

o pasado xoves

versos do pipas

 

 

20-9-2014

o piano e o rumor

 


este piano pechado é coma un rumor

o vello reloxio de parede quixera parar

no medio deste intre luminoso e afectivo

de fondo unha banda de envolvente jazz

 

somos solitarios parellas tríos e grupos

cada mesa co seu necesario sentimento

a pandilla pide que lle fagan unha foto

ben rodeada de salgados pasados tempos

 

pido un pequeno copo de saudade verde

e ven con olivas e galletas de cinco puntas

no lokal hai caras coñecidas e outras novas

ao bar hipólito gárdolle unhas preguntas

 

este piano pechado coma un cálido rumor

dentro e fóra este rumor non vai parar nunca

 

imaxe darío alves

 

 

20-9-2014

somos nós aquí

 


van moitas noites e tardes

porque somos nós aquí, nestas mesas.


escoitando ese piano somos nós atendendo a un café

nós pola música que vimos

ás veces chegando tarde,

outras falando ou xogando ás cartas

 

somos nós no hipólito, xa moitos anos,

subíndonos ás nubes,

distraendo unha revista nós, nas mesas, camaradas,

nós falando calquera tarde.

 

Cando a porta peche seremos outros ti e máis eu,

máis ela, mailo outro

persoas noutras circunstancias.

Non máis seremos nós,

seremos outros polas rúas, nas travesas,

noutros bares, na mestura.

 

abilio rodríguez

 

 

19-9-2014

teatro música poesía saudade

 


nestes días de teatro de jazz

de clásica e outras músicas

nas xornadas de poesía

e nos días co ritmo normal

nas mesas do bar hipólito

preparando os eventos

ou falando de tempos pasados

seguimos tomando zumes e cafés

cervexas sidras e infusións

e algunha noite tamén acabando

as vellas botellas de alí arriba

un patxarán un likor beirâo...

e outros acabarán akel vello

whisky das terras de escocia

e o cálido likor catalán

 

imos acabando con cariño

o que seica hai que acabar

porque o vello e querido

bar hipólito vai pechar

 

imaxe do sensato na noite

das historias das travesas

e do bar hipólito


manolo pipas



 

18-9-2014

bar hipólito dúas palabras

 


bar   hi pó li to

 

bar

palabra aguda

breve contundente

hipólito

palabra esdrúxula

longa coa cadencia do jazz

 

hipólito

o nome do pai

o nome do fillo

e do bar

 

ao bar das travesas algunhas

e algúns viñades xantar noutro tempo

e logo viñemos por outros sabores

outros olores sones cores e afectos

 

pipas