Septembro 2014

17-9-2014

queremos jazz

 

 

pola que si que queremos jazz

non a palabra nin unha imaxe

teatro cosmopolita de xentes en pé

queremos jazz

 

se cadra un licor, pola que si,

que seguimos rindo, na jam, na jazz,

no chan mollado que pasamos pola man

unha flor que perturba a gorxa, azul,

unha losa de marmol e cervexa,

 

claro que si, que che daremos jazz

nun ton cabrón e larpeiro, suficente

para que o sangue sinta que si,

pola que si que queremos jazz.

 

abilio rodríguez

 

recitado polo compañeiro

onte no bar hipólito

imaxe pascu sensato

 

 

 

17-9-2014

o reló e o tempo das travesas

 


as horas visten mellor

envolveitas pola pedra

con granito do país

entre as ciencias e as letras

o reló do santa irene

marca as horas das travesas

e o granito deste bar

será das mesmas canteiras?

 

por esa rúa avenida

antes camiño de terra

subían carros cargados

de pedra fina e morena

ían pro centro de vigo

o ensanche e a ribeira

isto pasou hai tempo

eran outras as colleitas

as redes sociais os ritmos

ai se falasen as pedras

conecta vigo co monte

pola vía das travesas

 

imaxe desde a parada

do sustituto do tranvía

poema do recital de onte

con abilio e susana 

e seguimos


manolo pipas

 

 

16-9-2014

atravesada travesas

 

 

travesas é este barrio dificil de definir

esa barriada diso que vigo chamamos

e os que vivimos e nacimos un pouco

máis pralá aínda decimos vou a vigo

e pasamos por travesas

un lugar para atravesar

unha encrucillada de camiños

os camiños que se cruzan

 

acá nas travesas hai días

que aínda chega o cheiro

do porto e do mar

 

travesas perto de castrelos

lugar de paso e ás veces parada

antes ou despois daqueles concertos

 

e alí na praza de américa as tres palmeiras

memoria viva daquela estación dos tranvías

se pechamos os ollos podemos imaxinar

que agora pasaba o último eléctrico

o de pereiró o do centro o da ramallosa

 

travesas un cruce de camiños

os camiños que se van cruzando

e no corazón das travesas o bar hipólito

 

imaxe das vellas travesas

dentro da vella cociña do bar

 

o cronista

 

 

15-9-2014

baraka e as cativas

 

 

noite do venres nas travesas

baraka project catro musicos

aos que se sumaron dous metais

e outra vez a voz de daviña

sete corazóns no bar hipólito

 

e as dez menos jazz da noite

un trío de cativas seguía

a descarga aí sentado

acompañaban o ritmo cos pes

facían percusión na pelota

comían olivas e patatillas

tocaban palmas e pernas

e a máis chikita entrou no bar

ollou aos músicos e rápido saíu

ergueu a cabeciña e dixo

mamá no hai escenario

 

logo cando saiu o trompeta

non se atreveu a decirllo

e pedindo máis patatillas

as cativas xa se foron para cama

mentres seguía a descarga de jazz

 

foto de conchi con candela

alba e a súa amiga

 

o cronista



 

14-9-2014

herdeiros dos morenos



neste palco de vilar

cantadeiras e gaiteiros

todas vós e todos nós

dos morenos ai herdeiros


pasamos por lavadores

i en vilar ben que quedamos

os gaiteiros a tocar

nós os versos liveramos

 

e o xosé colleu o bombo

árdeche o eixo carballeira

e tocou cos seus herdeiros

ei morenos ou centellas

 

en vilar lavadores compartido

con zalo caride os cuncheiros

servando barreiro contracochenos

vin polo aire a charanga da benita

e os gaiteiros erdeiros dos morenos

 

manolo pipas

 

 

13-9-2014

reciclando polo mundo

 


a consigna dos compas do arte lixo

reciclar, unha maneira de estar no mundo

e hai que reciclar medio mundo e pico

que non reciclar é ir contra o futuro

vos reciclades redondela nós vigo ...

que xa urxe cambiar o noso rumbo

 

reducir reutilizar

reciclar revolucionar

aínda estamos a tempo

e sobre todo repensar

que facemos mañán

que futuro queremos

 

hoxe reduzo o discurso

reutilizo as miñas verbas

reciclo os vellos versos

revoluciono o poema

arte-lixo e parna-lixo

que só temos esta terra

 

texto para recitar hoxe

no arte-ixo de redondela

imaxe do ano pasado


o mundo grande e redondo

de moitas moitas cores

reciclemos pois a fondo

mañán tarde e noite


en redondela


manolo pipas

 

 

 

12-9-2014

historias das travesas recital

 


no bar hipólito historias

das travesas recital poético

o martes 16 de setembro

as 9 e pico da noite

historias mesmo á beira

da memoria daqueles tranvías

entre o porto e castrelos entre coia

e iso que chamamos vigo

nesta encrucillada de emocións

no bar hipólito recital poético

a ritmo de tranvía e jazz

unha aperta

 



11-9-2014

diada ventos e senyera

 

 

a senyera seica ondea

con máis ventos mediterráneos

con menos aire da meseta


e que di do seu onorable puyol?

esa catalunya tan independentista

e porque non dimete xa

o seu fillo político arturito?

e cando nos liveramos da burguesía?

 

e seica a senyera

confusa ondea

ea ea ea

la pela es la pela

ea ea ea

 

o cronista

 

 

 

 

10-9-2014

morenos das rías baixas



morenos de lavadores

gaiteiros de moita sona

do lagares até o lérez

de pontevedra a baiona

 

morenos de lavadores

moita sona o voso toque

alboradas romerías

ai o palco de san roque


ardeche o eixo carballeira

ai morenos ou centellas

 

son e cor das rías baixas

de lavadores morenos

pasodobles riveiranas

mariñeiros e labregos


ai morenos ou centellas

pola música galega

 

para o festival de música galega

adicado aos gaiteiros morenos

este sábado en vilar lavadores

 

manolo pipas

 

 

09-9-2014

romaría cristián e mouro

 


a pequena procesión da franqueira

os bois co carro levaron a imaxe

os folieros acompañaron coas músicas

e logo das danzas de paus arcos e fitas

chega o drama do cristián e do mouro

diálogo en verso con romance vello

adaptado ao galego por ramón cavanillas

na romeria da virxe-deusa da franqueira

os actores son dous irmáns do lugar

un deles coa cara pintada de negro


que paradoxo coas tamén parentes

relixións monoteistas que representan

e logo do diálogo collen as espadas

e xa imaxinades o tráxico desenlace

 

e que pensa sobre isto

a virxe-deusa da franqueira?

 

o cronista



 

08-9-2014

chejov nas travesas

 


antón chejov

é un médico escritor

ou un escritor médico

a antón chejov acompañao

a dor persoal e colectiva

e tamén un fino humor

nas súas narracións

e obras de teatro

 

a boa literatura

tamén é unha terapia

escribila lela compartila...

terapéutico este espacio

 

la farmacia de a. chejov

foi unha rica interpretación

dos textos e da vida do mestre ruso

por ángel simón no bar hipólito 


hai cento e pico anos o autor

recupeŕabase das súas doenzas

na península de crimea

ai nesa crimea que tan pouco

aprendeu do escritor de terapias


e seguimos a falar da obra

do autor e do teatro

das nosas vidas e do lokal

 

pipas

 

 

06-9-2014

trío de bolboretas


    

         a chus rochi e servando


a variña da madriña fada

é un pincel de sete pelos

 

o vento de celanova en redondela

soprou agarimoso na casa da torre

e con el voaban artísticas bolboretas

 

a imaxinación os retratos

o delicado trato de pincel e cores

para quen a retratou con versos

 

parece que sobradelo extrema

coa portela e valadares

 

un poema un cadro unha cantiga

parafraseando a aquel poeta

 

e voan lonxe a fada madriña

a afillada e o amigo trovador


manolo pipas


imaxe pepe escano