equinocio de primavera eclipse
lúa nova e unha das mareas
máis máis altas do século
por manuel antonio o poeta
e nós chegamos a rianxo
cando se retiraba a marea
manuel antonio poeta do mar
rianxo a ría e fora mar aberto
a travesía o camiño certo
o teu paquebote abordar
illa malveira das arousas
a manuel antonio homenaxe
nós subimos ao barco de pasaxe
ondas de catro a catro e foulas
desabitada pequena malveira
á beira da illa da cortegada
a nosa homenaxe trazada
polas túas palabras ventureiras
oitenta anos despois
na malveira erguido o monolito
e no barco fronte á illa
recitados os versos dos amigos
e logo no auditorio de rianxo seguiu
homenaxe nas voces dos veciños e poetas
no mar e na terra interviron xosé luís axeitos
xesús santos suárez fernando quintela gallego
xosé luí méndez ferrín adolfo muiños
anxo angueira marta dacosta f. r. lavandeira
alexandre neriu manuel rivas ana romaní,
cesáreo sánchez e a aula da cultura
musical da mariñeira rianxo