Agosto 2015

15-8-2015

golpeado alcalde-trovador

 


      sempre xurdimos outra vez

      das mil derrotas

 

                                 mini

 

 

compañeiro trovador

alcalde por carambola

pero rexidor co pobo

non perdoa a derechona

 

meu amigo de boimorto

foche alcalde por un mes

un cambióu a súa careta

polos cartos do pepé

 

nós seguimos aprendendo

democracia dos de arriba

a democracia dos cartos

dos herdeiros dos franquistas


moito que din as cancións

á práctica ías levalo

non puido ser compañeiro

o tempo debe xulgalos

 

alcalde do bng en coalicion

o mini de a quenlla e fuxan

deixóu o cargo por un tránsfuga

 

manolo pipas

 

14-8-2015

tertulias literarias

 


o mestre gabo da nome

a un clube de lectura

no sótano do galería jazz

foi onte á noite a tertulia

lotita de vladimir nabokov

a novela o mito o autor...

e perdímonos baixo a lúa

 

logo recitamos poemas

dos mestres e de nós mesmos

pra gabo foron dúas decimas

e na galería jazz teremos

o vindeiro xoves a galeano

que abrirá a tertulia

con el libro de los abrazos

 

pipas


 

13-8-2015

amargura

 

 

co verso tento

facer literatura

desa realidade

moitas veces

con amargura

 

lariño

 

 

11-8-2015

solpor que cega 2

 


o solpor destes días

fixonos algo de dano

confirmame unha lectora

se cadra o sol está ferido

polas desfeitas dos humanos?

na imaxe outra rapaza

sen querer tápame cando pasa

o último ardente sinal do astro

 

lariño

 

 

 

 

11-8-2015

inmigrantes e expulsadas

 


cando saen da súa terra

son chamados emigrantes

cando entran neste pais

inmigrantes son chamados

pero en realidade son

desprazados fuxidas

esquecidos expulsadas...

 

onte foron rescatadas 1500

pero cando unha embarcación

naufraga nunca se sabe cantas

persoas son os que morren

 

o cronista

 

10-8-2015

libros de ocasion

 


pasóu a feira do libro de ocasión

e acerqueime a ela o uĺtimo día

na caseta desta imaxe que chegóu

da meseta non puiden mercar nada

 

libros de poemas doutros mostradores

entre conversas tiven ocasión de levarme

do libreiro que me preguntóu onde andaba

que tardei tanto en pasar pola ocasional feira

 

uns libros de poemas de ocasión merquei

historias das terras veciñas de portugal

asturies catalunya cuba e méxico

esas terras que tamén están de ocasión

 

manolo pipas

 

09-8-2015

solpor que cega

 

 

 

o solpor

 

que me cega

 

unha nova noite

 

que se nos entrega

 

 

lariño



 

09-8-2015

en la noche de luna

 


En medio de esta enorme noche blanca
entre pinares médanos y luna
-hoy llegaron los rusos a la luna-
frente al mar que otra vez acuesta su ola
formidable en la playa abandonada
-hay miedo en Almería dice el diario
no encontraron aún las bombas hache
caídas en su mar por accidente-
en el silencio blanco y estruendoso
de esta soledad plena y una y pura
-ochocientos vietcong muertos anoche
hambre en la India hambre en el Brasil-
en la melancolía y la belleza
de la noche de luna entre los pinos
con la luna ocupada y el miedo en Almería
y la aldea arrasada y con el hambre.

 

Idea Vilariño

 

Las Toscas Uruguay 1970

imaxe da costa de almería

antonioluismartinez.com

 

 

08-8-2015

duas estrelas

 

 

lonxe de moraña

candela e amaia

tristes estrelas

sobre esta praia

 

lariño

 

 

 

07-8-2015

simbolos no balcón

 


nas festas patronais

como en todo o ano

non hai mellores símbolos

para poñer no balcón

que os productos da terra

 

imaxen mondariz

 

 

 

 

06-8-2015

esas illas do pacífico



desa illa de timian

no mal chamado

océano pacífico

non oira falar

pouco se sabe dela

 

de hiroshima e nagasaki

das illas non pacíficas do xapón

hai tempo que sabemos moito

e xusto hai setenta anos

da illa de timian

partía un maldito avión

cunha bomba asasina

e o día nove foi outra

que aínda seguen matando

en hiroshima e nagasaki

 

o cronista

 

05-8-2015

cuarto demasiado escuro



o cuartoescuro é esa estancia

onde xa pouco se revelan as fotos

a artesanía da imaxe

 

calquera cuarto das vosas casas

pode convertirse nun diferente

cuartoescuro demasiado escuro

para tortura e o asasinato

como pasóu na cidade de méxico

o fotográfo dos movimentos sociais

fuxira de veracruz por acosos

por criticar ao goberno e ao narco

e con el mataron as súas compas

activistas sociais nadia vera e yesenia

e a outras dúas mulleres

das que non se sabe o nome

 

cuartoscuro e proceso son dous medios

independentes onde ruben espinosa publicaba

 

gobierno, iglesia, narcotráfico, asesinatos,

dolor, sufrimiento, terror, ignorancia

abusos, violación, atracos y muerte = méxico

 

cita e imaxes de ruben do seu blogue

loquesedicecomotal.blogspot.com.es

 

manolo pipas