Agosto 2015

04-8-2015

panoramica

 

 

os piñeiros os outeiros

o continente a penísula

o río as vilas a foz a bahía

unha ría e outra ría

 

lariño

 

 

02-8-2015

os ecos da praza

 


                 para cantares do brión


a vella praza da vila

pedra do lugar labrada

baixo a sombra dos tileiros

moitas as mans que traballan

na feira de artesanía

hai demos mouchos e fadas

probas de son do brión

e os xogos da rapazada

 

polo val do río tea

mondariz na vella praza

canta memoria conservas

os ecos non pesan nada

lúa chea do verán 

e os xogos da rapazada

os oficios e o teatro

eses coros e trovadas

 

a segunda imaxe

é de carlos peixoto

o sábado á noite

 

manolo pipas

 

 

02-8-2015

no asasinato de duas cativas



                na memoria de candela e amaia


as palabras da dor e as consignas

a música e a dor e o silencio

e estas olladas perdidas

na concentración de repulsa porque

un pai separado matóu ás súas cativas

cando llas tiña que entregar á sua nai

 

...as cicatrices do noso fracaso...

escoito dun texto de lupe ces

e outras feridas que non curan

nesta sociedade medio fracasada

 

entre as olladas perdidas

a pesares de todo e de todas

o vento ás bandeiras dalles vida



 

01-8-2015

o estreito e o tunel

 


ese paso de calais

ese estreito de dover

ese canal da mancha

ese chamado euro-túnel

coas vias manchadas de sangue

dos inmigrantes das terras

antes saqueadas por eses

imperios francés e inglés

e agora polos seus gobernos

e as occidentais multinacionais

 

o cronista