Novembro 2015

30-11-2015

o calzado o vello e o novo



o calzado memoria das mulleres

asasinadas neste ultimo ano

foi expulxado do xardín e posto

polas feministas nesta fonte

 

que lle pode decir o vello ao novo?

-daquela cando eu tiña o teu tempo

cando un home mataba á súa muller

tapábase todo o que se podía

e case nunca chegaba aos medios

 

o cronista

 

 

 

28-11-2015

remuiño e auga da memoria

 

           

                vida e morte en remuiño


                      xosé neira vilas

 

 

que canta hoxe o ulla polas ínsuas de gres?

vida e morte en remuíño xosé neira vilas!

as augas de gres entre amieiros e carballos

debaixo das nubes seguen a soñar co mar!

 

gres buenos aires la habana e de novo gres

travesía desas augas do ulla e de balbino

memoria de perdedores boas e xenerosos

remuiño xosé neira vilas auga da memoria

 

manolo pipas


 

27-11-2015

xose neira vilas

 


Desde lonxe

 

Galiza.

Por un camiño novo e limpo

vou a ti dende lonxe.

Rubo a ti

por unha escada de verbas acendidas.

Cada pasada un hino,

cada chanzo un latexo.

Levo nunha estrela

a mensaxe dos teus fillos desterrados,

que che son fideles

máis alá dos reloxes e do mar.

 

A túa forza disgregada,

a túa vontade sin rumo,

a túa semente esparguida

anceian integrarse,

xermolar e vivir en ti.

Auga somos do mesmo río,

muxicas da mesma fogueira,

cadullos do mesmo chan.

 

Dende lonxe,

o teu sangue vagamundo

teima voltar ás matricias veas

 

 

xosé neira vilas 1928-2015

 

 

poema do libro dende lonxe 1960

textos publicados neste espacio

na súa homenaxe en vida

www.envolventesaspalabras.info/

caderno/de-balbinos-e-leiteiros

 

 

27-11-2015

regaliños e donacions

 


regaliños donacións

son palabras ben fermosas

vai cobrindo ese cupón

da o ene ge miña rosa

 

as donacións os regalos

son moi fermosas palabras

pero seica hai algo malo

cando as señorías ladran

 

alcaldes e concellalas

presidentes conselleiros

descobertos imputados

que poucos van pro caldeiro

 

un colgante cunha rosa

unha pluma cunha estrela

que se cadra alguén colléu

pra levarlle á súa carmela

 

o cronista


 

 

 

26-11-2015

os corpos e conciencias

 


os xardíns están cheos de vida

pero cada moneco coberto representa

unha muller asasinada por un home

e desde o sabado están no paseo

de castelao perto de travesas

atravesados na nosa conciencia

 

as persoas pasan e algunhas se paran

a ler o texto que acompaña cada corpo

o nome da muller se se sabe e a data

o lugar e como foi asasinada

 

chamei no edificio máis próximo

en varios pisos e pedin facer a foto

e logo de varios Nons desde o segundo

andar saquei os corpos e tres conciencias


ao final da manifestación feminista

o calzado colocado o luns na porta do sol

na memoria das mulleres asasinadas

foi retirado por mandato do alcaldísimo

parece que a loita contra o feminicidio

non interesa despois do 25 de novembro


a pesar de todo os xardíns

lonxe do hipócrita nadal

seguen cheos de vida 


o cronista

 

25-11-2015

diante do feminicidio

 


non é doado pararse

diante do feminicidio

e neste paso das travesas

mentres agardan o seu turno

unhas reflexionan e outros

ollan para outro lado

 

agora mentres publico

escoito na radio dubidosa

publicidade institucional

sobre o feminicidio

e logo un anuncio machista

dunha anónima marca

hoxe no día internacional

contra a violencia de xénero

 

o cronista

 

25-11-2015

diego e a rotonda

 


foi á beira desta rotonda

en coia xa hai case un ano

e dous meses antes

de que puxeran o barco

 

diego e nós veciñ@s do lugar

estábamos a defender o barrio

e os nosos impostos que estaban

a tirar nesta faraónica obra

e o alcalde mandóu varios días

centos de policías e eles puxeron

a violencia e a mentira

 

e diego non lle tocóu

nen ás moscas que andaban

darredor do mentiroso policía

 

o cronistadecoia

 

24-11-2015

voces compañeiras

 


o son da fonte

e o croar das rás

o chac chac das pegas

e o cuá cuá das parrulas...

esas voces compañeiras

 

pola bouza

 

 

23-11-2015

o calzado de 55 mulleres

 

 

entre as flores o calzado

de cincoentecinco mulleres

zapatillas de casa e sandalias

chanclas de ducha e deportivos

zapatos de tacón botas campeiras...

 

o calzado de rosa laura rosario

concepcion felicidade davinia

eva isabel francisca dolores...

coas que elas debían vivir

camiñar traballar xogar...

 

o calzado de rosario

e rosa entre outras flores!

era feliz felicidade?

canto sofríu dolores?

 

o calzado de 55 mulleres

que xa non poden camiñar

que xa non se van calzar nunca máis

 

na porta do sol kilómetro cero

do feminicidio da violencia

machista na inxusta cidade de vigo

e o calzado das 55 mulleres

asasinadas no estado español

e aquí á beira o concello xa está

a preparar a base da súa hipócrita

e agresiva árbore de nadal

 

25 de novembro día internacional

contra a violencia de xénero

manifestación as 8 na farola de urzaiz

 

o cronista


 

 

 

23-11-2015

carlos oroza puro aire

 

 

 

   al norte hay un mar más alto que el horizonte

 

                                    carlos oroza 1923-2015

 

 

carlos oroza o home e o poeta

figura lentamente a cidade paseando

esa voz das palabras ventureiras

 

rapsoda carlos oroza

voz da luz e da aurora

a travesía do poeta oral puro aire

coa palabra na cabeza acompaña ás rúas da cidade

 

el vaise e á beira da ría e do horizonte

ela segue e seguirá buscando ás mulleres e aos homes

 

 

foto de ernesto ilkerman nun recital

detrás da vella prisión agosto do 2014

tamén publicado neste espacio o texto

poeta-rapsoda carlos oroza

 

manolo pipas

 

22-11-2015

figuras da finitude

 

 

figuras da finitude

no laio do vento

filosofía da morte

 

coa finitude o vivo dialoga

e a morte é como o último

laio da nosa vida


e na vida e na morte

se hai bos ventos

tamén somos memoria

 

a comunidade de ideas que posuimos

leo escrito pola man de paco

no libro que merquei no andel

eu dialogo pouco coa morte coas ideas

dialogo moito con ela con elexías

e poemas e cantos elexíacos

e agradezo as súas reflexións

 

 

mínima aproximación

ao libro figuras da finitude

do pensador paco sampedro

presentado neste mes dos mortos

un 20 N de tantas memorias

 

manolo pipas

 

 

21-11-2015

lembranzas de galeano

 


descobrín a eduardo galeano

naquel tempo da insubmisión

uns poucos anos antes

da revolución zapatista

 

fun mercando varios libros seus

el libro de los abrazos . nosotros

decimos no . las palabras andantes...

en arao naquela chiquita e efímera

tenda-librería de comercio xusto

 

estiven na sua presentación

do libro el futbol a sol y sombra

no rectorado polo ano 96

libro que non lin pero no evento

fun saudalo e regaleille un poema

 

na última visita de galeano a galiza

non fun a súa presentación no gaias

porque teño boicoteado ese monstruo

e seica logo estivo na lila de lilith

pero non me chegaron sinais de fume

 

fun lendo las venas abiertas ...

nunha desas rexións golpeadas

no caracol zapatista norte na cálida

selva chol de chiapas perto de palenque

entre brigadistas ceibas e colibrís

agardando varios días a saída

para as resistentes comunidades


e outra vez saía eu do altiplano mexica

cando o mestre facía unha presentación...

 

mañán galeana tertulia

no patio de guixar as 7

xulián estevez 56 teis

 

pipas