Marzo 2016

31-3-2016

poetas antonio federido miguel

 


antonio machado federico

garcía lorca e miguel hernández

nacidos en sevilla granada e orihuela

poetas do sur e doutras moitas terras

separados polos seus nacementos

trintecinco anos coincidiron

na mellor poesía daquela república

e nalgunhas das mellores propostas

colectivas culturais sociais...

e canta humanidade naquelas

tres grandes plumas e voces

 

pero nun espacio de seis anos

os tres foron mortos polos fascistas

lorca asasinado e desaparecido

no 36 no principio da guerra

machado morreu triste no 39

ás poucas semanas do exilio

e miguel hernández foi morrendo

fórono abandoando e matando

nas prisións do franquismo no 42

 

federico segue desaparecido

e do seu crime e do de miguel

aínda hoxe nos falta por saber

e os herdeiros dos fascistas

seguen gobernando partes

das manchadas españas

asociacións veciñais igrexas

bibliotecas cuarteis concellos

deputacións autonomías...

e agora en funcións desgobernan

o réxime da post-dictadura


mañán cómprense setentesete

anos da derrota da república

 

manolo pipas

 

29-3-2016

o moneco a recollida e nos

 

 


estraño este moneco

atopóu refuxio entre as bolsas

triste moneco de boca grande

el é coma unha mascota

para vos que buscades parches

para esas terras todas rotas

 

a recollida de roupa

superóu ben a espectativa

pero sobraban os zapatos de tacón

fan falta vendas e medicinas

pañais xoguetes compresas xabrón...

e moita non perecedera comida

e o moneco abre a bocaza

por todas as persoas fuxidas

 

o cronista

 

 

28-3-2016

desprazadas boas xentes

 

 


desprazadas refuxiados

vos sodes á nosa xente

con vós construir queremos

outro mundo diferente

que inxusto é o que temos

 

desprazados de idomeni

de medios e longos treitos

sirias kurdos e afganas...

todas vos tedes dereitos

nesta europa inhumana

 

desprazadas boas xentes

refuxiados meus amigos

pra vos esta recollida

de alimentos e de abrigo

pra que siga a vosa vida

 

 

hoxe 29 30 e 31 recollida de materiais

pras persoas desprazadas en idomeni

nosaxenterefuxiados.blogspot.com

 

28-3-2016

tristes guerras

 


Tristes guerras

si no es amor la empresa.

Tristes, tristes.

 

Tristes armas

si no son las palabras.

Tristes, tristes.

 

Tristes hombres

si no mueren de amores.

Tristes, tristes.

 

 

Cancionero y romancero

de ausencias Obra póstuma

 

Miguel Hernández

 

luminosa orihuela 30-10-1910

escura prisión d'alacant 28-3-1942

 

 

 

27-3-2016

na fogueira do campamento

 


que estarán a queimar nesta pequena fogueira

na noite da fronteira de grecia e macedonia

no campamento de desprazadas de idomeni!?

 

se cadra para dar calor aos seus soños

queiman as nosas conciencias

os seus fantasmas

as nosas miserias...

 


dias 28 29 30 e 31 recollida de materiais

para as persoas desprazadas en idomeni

nosaxenterefuxiados.blogspot.com

 

 

25-3-2016

mandarín e parrula

 


anda este parrulo mandarín

pola charca da bouza de coia

detrás dunha parrula do país

 

o mandarín anda a namorala

pero ela parece que deconfía

das súas recargadas galas

 

lariño



 

 

 

24-3-2016

argentina a 40 anos

 

 

escoito un jazz mestizo

un dúo de saxo tenor e piano

anónima e triste esta melodía

que me leva até a praza de maio

 

escribo no café da antiga prisión

neste marco con tan pouca memoria

irmánanse represaliados e asasinadas

das dictaduras coas súas longas sombras

 

e son corenta anos e son corenta

buenos aires ai que aire ti respiras?

entre o río da plata as chairas os andes...

argentina con tan pouca memoria ti camiñas!

 

 

pero os panos das mulleres

non esquecen tanta dor

ás nais ás avoas ás fillas...

poucos lles piden perdón

mentres segue a inxustiza

e aumenta a sen razón

 

moitas mulleres e homes

entre panos e cancións

de tierra de fuego a jujuy

non esquecen tanta dor

 

manolo pipas

 

 

 

23-3-2016

idomeni bruxelas

 


sirias kurdos afganas...

no campo de refuxiados

estas persoas atopan

máis miseria que refuxio

e moitos queren sair de contado

pero no camiño haberá máis muros

 

no mediterráneo e na europa

das culturas das guerras e das fronteiras

e na capital da europa do kapital

entre güetos sancións e bombardeos

mui mal se construe o futuro

 

polo tratado unión europea turquía

os centros de acollida de refuxiados

e inmigrantes agora están a ser

lugares de detención e deportación

 

foto no campo de desprazadas

e mal refuxiados de idomeni

 

o cronista


 

22-3-2016

neste día da auga ...

 


neste día mundial da auga

escríbovos á beira da ría

no noso planeta auga-terra

no que o lume define a vida

lume das primeiras culturas

fogo das guerras prometidas

 

hoxe día mundial da auga

no noso golpeado planeta

cando o día mundial do lume?

cando o día mundial das guerras?

 

pero a pesares dos de arriba

mañán teremos lúa chea

 

manolo pipas


 

21-3-2016

equinocio en idomeni

 


equinocio inverno primavera

chega a primavera ás nosas rías

camiña por lesbos e bruxelas

 

por idomeni vai entre miserias

avanza por lampedusa e melilla

arrástrase unha nova primavera

a pesares de tantas guerras

 

o cronista

 

 

 

 

21-3-2016

os versos e a multa

 


hoxe día internacional da poesía

comentarios reflexións preguntas...


canta poesía hai neste barco?

 

seiscentos un euros de multa

por subirse no alfageme

por catro horas e vinte versos

que botei eu desde o mastro

 

pero se pago rápido

deixaranmo na metade

entón a broma me sae

a 1'20 euros por minuto

e 15 euros por verso...

cotizada a poesía

 

máis mérito ten o pirata

a súa bandeira no mastro

vai subir a 601 euros

 

o cronistadecoia

 

20-3-2016

cremá de políticos

 


festas grandes de valencia

entre mascletá e cremá

arden ducias de ninots

varias ritas barberás

 

antes mecos onte as fallas

moitos polític@s queiman

mentres eles se limpan o cú

con imputacións e sentencias

 

e seica tamén arderon

os que queimaban as meigas

conferencia   episcopal

que mal ardes conferencia

 

o cronista