imaxino no mesmo espacio
nunha ou noutra beira do océano
atlántico nunha cidade coma nosa
que mal medra cara os outeiros...
imaxinádevos a rosalía recitando
nun patio aberto ou neste café
na compaña da chiquita guitarra
de violeta parra e ela e mercedes sosa
e a chavela vargas facéndolle voces
mentres frida pinta e repinta
e logo maría casares interpreta
textos de simone de beauvoir
e logo todas elas platicando
coa camponesa catarina eufemia
a poeta charrúa idea vilariño
a trovadora caboverdiana cesaria évora
a nosa compañeira begoña caamaño
a comandanta zapatista ramona
e hondureña e moi fonda berta cáceres...
e logo chegan celso emilio neruda
tagore víctor jara zeca afonso
kafka moustaki galeano...
e chegaron ao café as dúas
marías da alameda de compostela
e maría balteira e a malinche
e mafalda e maría soliño...
do patio de guixar
ao café de catro a catro
compartido con outros poemas
no recital construindo feminismo
manolo pipas