Líbrame de tu amor mujer lejana y bella
Me gustas cuando callas
porque estás como ausente...
Puedo escribir los versos más tristes esta noche...
Es tan corto el amor, y tan largo el olvido...
Todo en ti fue naufragio...
vinte un poemas de amor
e unha canción desesperada
hai noventepico anos destes versos
nacidos naquel sur da fisterra chilena
onde di chovía trece meses ao ano
e os poemas como laten e laten
versos moi tristes teño escrito
moitas noites e menceres amores
desamores desesperos naufraxios...
moito me ten influenciado neruda
que flua que flua a poesía
do caderno de temuco a el mar y las campanas
cantas chuvias raices amores casas mares barcos terras construccións e destruccións caídos exilios
regresos memorias … cantos e desencantos
neruda cos seus libros e a súa vida
e os seus poemas en voces e guitarras
da familia parra a olga manzano e manuel picón
quilapayún mikis theodorakis maria farantouri
paco ibáñez dina rot inti-illimani víctor jara ...
que flua e flua poesía e canción
na noite e mencer logo
da tertulia do clubegabo
veinte poemas de amor
y una canción desesperada
na segunda edición do 1932
o texto nove foi sustituido por otro
por iso o dos vinte un poemas
manolo pipas