pinceladas dun micro aberto
de trabalingua no café de catro a catro
os cafés e as cerbexas estaban ben salgadas
como ao mestre manuel antonio lle gostaban
e o micro é o escenario onde non paran
de subir compas coas súas artistadas
o piano tan calado a min acompañoume
moito entre títeres fronteiras e guerras
e homenaxes a cantores e soños das cativas
rico o relato corporal das rapazas beehive
entre as grabacións de galeano e mújica
a columna de marmol sostén o medio
do teito do noso espacio coma nunha carpa
os poemas e relatos das trabalinguas
o augardente-romance do leo da lameira
os textos sureños da maría da costanorte
os versos árabes da rapaza tunecina
as cantigas brasileiras da parella...
e foi unha voz tras outra
unha guitarra tras outra
no micro das trabalinguas
as linguas foron unhas poucas
dos nosos poemas e cancións
non teño foto para ilustrar este encontro
esquecín a cámara pero non o caderno
para fiar alguns destes versos
que alí mesmo compartidos foron
manolo pipas