Maio 2016

16-5-2016

netas de rosalia

 

 

              a rosalía saluca

 

netas de rosalía

todas vos sodes netas

dela e da súa poesía

 

iria águeda

sabela e uxía

cos vosos nomes

saínza comba icía

recuperamos a lingua

ildara xiana antía...

 

pero porque honramos

tan pouco o seu nome

e non nacen máis rosalías?

 

manolo pipas

 

16-5-2016

o mondego e coimbra

 


as cantigas do mondego

entre as rúas de coimbra

van subindo pro outeiro

 

fados baladas e trovas

ollan pro río e pro val

agardando boas novas

 

río cidade estudantes

desas repúblicas casas

comunas da liberdade

 

rúas de coimbra nas paredes

falades dos cravos de abril

da caravana das mulleres...

 

cara a penela visitamos

un par de horas coimbra

ninguém pode vencer

un povo que resiste

cantaba o adriano os versos

de alfredo vieira da sousa

i escoito agora o disco

 

 

15-5-2016

feira holistica na penela

 

 

      a silvia marselo joana

      e toda a banda

 

neste outeiro da penela

feira holística encontro

as culturas son un todo

se van co ritmo da terra

 

neste outeiro entre muralhas

oliveiras e nogueiras

equilibran as pegadas

daqueles tempos das guerras

 

naturais son as terapias

as palestras as cançôes

zeca afonso chico buarque

son boas meditaçôes

e debaixo das estrelas

as mestizas percusôes

....

 

escrito e recitado na noite do venres

cos músicos e voces que se xuntaron

debaixo da oliveira pra improvisar

baixo unha chuvia miudinha que vinha

e marchaba outra vez cos nosos cantos

no outeiro da penela na feira holística

 

o primeiro poema reciteino no sábado

con improvisacións e lonxanos textos

facendo un dúo con ricardo samurai 6

no digderidoo e nas percusôes

 

manolo pipas

 

 

14-5-2016

decima tangaraña

 


convidado novamente

ao encontro tangaraño

que vai no terceiro ano

no sobradelo envolvente,

sinto non estar presente

xa teño pois as tres faltas

saúdos á toda a malta

no mondego o rotondiano,

vaia ben o tangaraño

poesía e artes ben altas

 

pipas

 

13-5-2016

homenaxes a manuel maría

 

 

na chá xa non canta o eixo

do teu carro poeta manuel maría

pero se seguen a cantar os teus poemas

antes por querencia por homenaxe

agora por todo isto e oportunismo

ti ben o sabes que che vou contar

coma pasa sempre nos homenaxeados

no día e ano das nosas golpeadas letras

 

non canta na chá o teu carro

non aran os bois pero chove

moito menos que no voso tempo

pero aínda somos o pobo da chuvia

menos pobo polo que estragan os darriba

e porque levamos xa uns anos emigrando

e porque nacen poucas voces que cantar

pero acá seguimos manuel maría

e vémonos o martes se a poesía dispón

na alameda de compostela

 

manolo pipas

 

 

12-5-2016

musica e danza refuxiada

 

 

a música e logo a danza

anónimo campo de refuxiados

milenaria comunitaria terapia

 

voluntaria activista nórdica

cos cativos do inmenso sur

unha canción deprazada

e unha refuxiada roda

un pouquiño de luz

 

imaxes e inspiración

/bienvenidosrefugiadosgrecia/

 

 

10-5-2016

tegra soña con africa

 

 

                   a gabriel e fernanda

 

tegra é ese outeiro

sobre a foz do noso pai miño

que desde sempre une esas dúas terras

esta pequena montaña tegra 

foi poboada hai miles de anos

e incrédula tegra sofría os conflictos

e como dous poderosos separaron

as terras de norte das do sur

 

tegra é unha cativa choqueira charrúa

que agora vive á beira do río llobregat

sobre ese mediterráneo mare nostrum

mare deles e bastante mare mortum

e de lonxe é coidada polo montseny

coma un monte tegra máis grande

 

o pai da cativa tegra traballa

cos médicos sen fronteiras

con golpeadas tribos de áfrica central

entre fronteiras de estados fallidos

e tegra soña con ir a esas terras

coas montañas os ríos e as sabanas

pequenos paxaros e grandes elefantes...

e soña xogar con cativas tegras

de fermosa pel escura

netas da montaña da sabana da selva..

 

 

o pibe falóunos dos conflictos 

en áfrica central como membro

de médicos sen fronteiras

e estes días en vigo seguen

os eventos destes activistas

 

manolo pipas


09-5-2016

idomeni resiste

 


Idomeni resiste


Resiste la vida
Si te quieren callar
Canta con rebeldía
Idomeni resiste
Resiste alegría
Resiste al andar
Resiste y grita.

 

Grupo txarango

letra da canción

 

 

resiste idomeni

 

campamento de idomeni

resistes cos refuxiados

nesta fronteira de europa

entre as vías e os aramios

 

resiste meu idomeni

un mosaico de culturas

ameazan desaloxo

vos poñedes máis ternura

 

resiste miña idomeni

big boy meu cativo grande

rápido estás aprendendo

das miserias e as bondades

 

meu idomeni resiste

da fronteira a policastro

vai cantando o activista

todas somos refuxiados

 

fotos e cronikas desde idomeni

/anosaxentesolidaridade/

 

 

 

 

08-5-2016

as vías e o campamento

 


estas vías do tren

xa non agardan ningún comboio

 

as vias do tren e o campamento

que sobre elas se instalóu

de desprazados mal-refuxiados

en idomeni fronteira entre grecia

e macedonia que agardan !?

agardan un desaloxo

 

imaxe e cronikas desde idomeni

/anosaxentesolidaridade/

 

 

07-5-2016

3 familias golpeadas

 


3 familias 10 persoas

que queren botar a rúa

4 persoas 4 días en folga de fame

que abandonan para ir ao xulgado

 

3 familias 10 persoas golpeadas

pola crise e as institucións

concello xunta xulgados …

e a unha familia a xunta ofrécelle

o desterro nun piso en salvaterra


as outras dúas familias

ameazadas con ir para a rúa

porque os xulgados e a alcaldía de vigo

seguen e seguirán practicando a inxustiza


as 3 familias para eles son números

e agora tamén son uns ninguéns

e as tres familias din que voltarán

á folga de fame na porta do concello

 

manolo pipas


 

05-5-2016

aramios manchados de sangue

 


os que conseguen pasar

os aramios manchados de sangue

e son presos acabarán un tempo

entre outros aramios da miseria


ceti centro de estancia temporal

de inmigrantes na colonia de melilla

xa o podedes imaxinar

un campo de concentración

temporal e moderno de desprazados

do capital e das guerras

e está deseñado para 450 persoas

e ten dous mil presos e presas

 

en ceuta hai outro para 500 persoas

que agora ten perto de mil

 

criticados pola unión europea

logo de ser construidos no 99

pero agora un exemplo a seguir

nas outras fronteiras

do imperio europeo

 

porque nos preocupan tanto

os desprazados de idomeni e lesvos

e tan pouco os de tinduf ceuta e melilla?

porque os primeiros están lonxe ?

porque os impoñen os medios !?

porque a maioría son brancos coma nós !?

 

o cronista

 

05-5-2016

dun diario desde a fronteira

 

 

as imaxes están borrosas

pero na primeira se percibe

ben a calor do lume

e nas dúas borrosas fotos

sentimos a calor  das persoas


borroso o campo de desprazados

o futuro destas persoas borroso

as xentes do mediterraneo

as outras terras e xentes...

 

diario crónikas e imaxes

de activistas desde a fronteira

entre grecia e macedonia

o centro da miseria europea

 

imaxe e cronikas en

/anosaxentesolidaridade/