Maio 2016

04-5-2016

triste antorcha olimpica

 


a finais de abril

por terras de grecia un home

porta a antorcha olímpica

rodeado polos fotógrafos

el é sirio refuxiado

no campo de eleonas

e iso atrae máis prensa

 

polo que se sabe

un mínimo de dezaseis

obreiros do brasil das olimpiadas

non poderán levar a antorcha

porque morreron nas obras

e deles non hai fotos

e case non hai artigos

 

estes operarios non levaron

medallas póstumas de honra

como outros que morren

facendo o seu "traballo"

 

o cronista


 

03-5-2016

3 familias 10 persoas

 

 

   a isa merchi richi....

 

3 casas 3 familias

catro días en folga de fame

tres familias dez persoas

acampando na porta do concello

porque as botan das súas casas

pedindo que lles axuden 

con eses pisos sociais

que ten secuestrados o alcalde

e que son de todos nós

 

3 familias 10 persoas

e cando unha familia

vai recoller un paquete

ao banco de alimentos

abonda que diga 32

o seu número fichado

e non fan falta os nomes

so somos numeros

 

tres familias en folga de fame

e hoxe as once da mañán

un dormía na tenda logo

de facer a garda do mencer

e éramos outros dez apoiando

e pasaban e pasaban

moitos que non querían ollar

que non querían saber

e algunhas paraban a asinar

uns papeis de apoio a estas familias

que podían ser as nosas

 

o cronista


02-5-2016

onte foi 1º de maio

 


onte primeiro de maio

tivemos tres procesións

e sacasdes as pancartas

as bandeiras e os pendóns

e submisos camiñamos

nos chalets rin os patróns

 

van uns vasos na terraza

deste bar que non pechóu

o nejocio que non pare

viva currela e patrón

 

seica disolven as cortes

disolvan a monarquía

e a democracia tamén

tiremos coa plusvalía

 

o cronista

 

01-5-2016

activistas para idomeni

 


van para terras de grecia

esta rubia co moreno

o pirata e a moteira

van sen barco e sen moto

pero levan as conciencias


vanse para unha fronteira

con parada en estambul

a thesálonica xa chegan

e pro norte van en carro

idomeni perto espera

e chegaron ao destino

activistas contra as guerras

 

foto de rita e berto hoxe

no campo de idomeni

/anosaxentesolidaridade/