Novembro 2016

30-11-2016

cantando a silvio e a revolucion

 

 

setenta outonos ten silvio

un número ben redondo

desta voz dos amoríos

que a nós chegóu ben fondo

e propuxemos na cova

cantarlle ao flaco entre todos

con silvio segunda cita

polos seus setenta outonos

 

de ojalá aos sombreiros

velia elegido unicornio ...

coas causas e os azares

nós subiremos o tono

para que cheguen a cuba

de regreso estes seus trovos

 

e fidel co che presentes

dous sones facemos nosos

do guajiro carlos puebla

cantamos todos a coro

 

graciñas as voces e guitarras

de damian servando barreiro

walter césar miriam

sandoval xaime rivas ...

 

manolo pipas

 

 

 

29-11-2016

excluidos

 


24 horas de acampada

debaixo da gran farola

e os compas non poñen

a v de vigo e da victoria

que portan os darriba

como v da vergoña

 

por unhas vivendas sociais

ningún excluido máis

 

os compas viran a letra

a v do revés ten forma

de teito de coberta

 

por unhas vivendas sociais

ningún excluido máis

 

o cronista

 

 

 

28-11-2016

silvio e fidel

 




El necio


Para no hacer de mi ícono pedazos

Para salvarme entre únicos e impares

Para cederme un lugar en su parnaso

Para darme un rinconcito en sus altares

Me vienen a convidar a arrepentirme

Me vienen a convidar a que no pierda

Mi vienen a convidar a indefinirme

Me vienen a convidar a tanta mierda

 

Yo no se lo que es el destino

Caminando fui lo que fui

Allá dios, que será divino

Yo me muero como viví

 

Yo quiero seguir jugando a lo perdido

Yo quiero ser a la zurda más que diestro

Yo quiero hacer un congreso del unido

Yo quiero rezar a fondo un hijo nuestro

Dirán que pasó de moda la locura

Dirán que la gente es mala y no merece

Más yo seguiré soñando travesuras

(Acaso multiplicar panes y peces)

 

Yo no se lo que es el destino...

 

Dicen que me arrastrarán por sobre rocas

Cuando la revolución se venga abajo

Que machacarán mis manos y mi boca

Que me arrancarán los ojos y el badajo

Será que la necedad parió conmigo

La necedad de lo que hoy resulta necio

La necedad de asumir al enemigo

La necedad de vivir sin tener precio

 

Yo no se lo que es el destino...

 

 

“Cuando escribí ‘El necio’,

estaba pensando en Fidel

y, hasta cierto punto, en mí”

 

Silvio Rodríguez


 

27-11-2016

setenta outonos de silvio

 

 

setenta outonos ten silvio

un número ben redondo

desta voz dos amoríos

que a nós chegóu ben fondo

e propoñemos na cova

cantarlle ao flaco entre todos

con silvio segunda cita

polos seus setenta outonos

 

 

homenaxe a silvio rodríguez

xuntanza de voces e guitarras

para cantar os seus temas

polos seus 70 anos

martes 29 as 20.00

na cova dos ratos

 

 

 

 

27-11-2016

dez anos do faisca




os dez anos do faisca

é un respetable tempo

hox con grandes e pequenos

en longas mesas corridas

 

o faisca en resistencia

na defensa deste chan

e a fidel foron lembrar

e aos compas entre reixas

 

vermut e xantar da ría

cos seus cantos tabernarios

faisca comunitario

na noite máis reveldía

 

pipas

 

 

 

26-11-2016

fidel castro vivo

 


fidel castro comandante

moncada e sierra maestra

cuba chora outros fan festa

a revolución pra diante


fidel castro presidente

playa girón e outros xiros

estas coplas de guajiro

por un grande combatente

 

fidel castro compañeiro

do malecón ao turquino

memoria co che e camilo

soprarán mellores ventos


fidel castro vida longa

loita prisión e poder

cuba non se vai perder

o teu pobo que responda


manolo pipas


26-11-2016

memoria dunhas mulleres

 

 

 

a memoria de tres mulleres

que foron asasinadas este ano

foi colocada entre plantas

os paus espichados na terra

quixeran botar raices de vida

neste desmemoriado

e tan mestizo país quixeran

manter a memoria

 

o cronista

 

25-11-2016

as nubes e o sistema

 


teño querencia polas nubes

as seis da tarde é algo cedo

para chegar ao cruce da farola

ese príncipe con colón e urzaiz

ese cruce do monárquico

co conquistador e o republicano

todos eles representantes

do noso machista sistema

 

pouca luz dará a farola

atrás fican as nubes

elas libres elas...

 

hoxe día internacional

contra as violencias machistas

 

pipas


 

24-11-2016

campo de katsikas

 

 

 

                      a maria alecrín

 

 

marchache pra vella grecia

amiga da pontenova

de punta a punta de europa

cara a última fronteira,

aramios muros miserias...

a herdanza destes anos

da europa dos tiranos,

nas helénicas montañas

remóvense as entrañas

dos que inda somos humanos

 

triste campo das europas

en katsikas choran rin

os cativos do alecrín

da amiga das pontes novas

 

manolo pipas



 

24-11-2016

do caloret ao frio

 

 

un día frio de novembro

tres despois do cabodano

do seu amado caudillo

un día sen nada de caloret

seica morreu rita barberá

a super-alcaldesa de españa

como din nas follas parrokiais

 

e rápidamente coma nas

carreiras de fórmula un

os do pp puxeronxe a pelaxar

pola súa noxenta memoria


se non puido ser xulgada

non hai ceo nen infermo

irá pro purgatorio

 

o cronista

 

23-11-2016

o noso colapso

 

 

camiñamos todos cara o colapso

o capitalismo é coma un meteorito

barco con podres máquinas e casco

que nos arrastra cara o abismo

 

todos os sistemas e imperios

chegaron até o seu colapso

o esclavismo o feudalismo...

o imperio español o romano...

 

pode ser que o colapso chegue

do dous mil vinte ao cincoenta

cambio climático falla de enerxía

exceso de poboación esgotada terra...

 

cedo ou tarde chegará o colapso

á nosa sociedade consumista

e mentres tanto que imos facendo

afastarnos algo máis da utopía

 

na presentación do libro

colapso capitalismo terminal

transición ecosocial ecofascismo

de carlos taibo en árbore

 

manolo pipas

 

 

 

22-11-2016

palabras fermentando

 

 

 

no papel ou na pantalla

 

en borradores fermentan

 

uns camballos de palabras

 

 

 

fora de tempo

 

saiu esta triada