Novembro 2016

20-11-2016

o circulo e a elipse

 

 

                 a cruz e rosa e alexandre

 

círculo poético aberto derradeiro

co penúltimo acto no negra sombra

logo de sete anos de poesía

música e outras artes irmáns

e a revista elipse que xa vai

polo seu número dez...

 

o círculo e a elipse

son formas irmáns

a palabra e o ritmo

a poesía e a canción

as artes plásticas

os grafos as palabras...

ai o círculo e a elipse

coma espacios abertos

 

versos recitados onte

pero a imaxe é do círculo

penúltimo de agosto

 

manolo pipas

 

19-11-2016

esta noite najla por narf

 

 


na peixería curioso

escoitar cancións ao vivo

pero é a voz salgada

atlántica e mediterranea

no corpo escorregadizo

da cálida najla shami

con héctor lorenzo

nas varias linguas

que ela respira

 

festival nun local

poemas e cantigas

de rosalía de castro

chico césar fred martíns

cantos dela e xurxo nóvoa...

e a necesaria esta noite

do finado fran pérez narf

na mañán na peixería isa

e na noite na húmida

salgada chea baiuca

esta mañán esta noite ...

 

manolo pipas


18-11-2016

erre gue te en funcion

 

 

   reinventarse sen esquecerse

   repensarse sen perderse

 

        vanesa sotelo na editorial

 

 

revista galega de teatro

comedia drama e traxedia

erre-gue-te erre que erre

memoria da nosa escena

 

reinventarse sen esquecerse

e repensarse sen perderse

erreguete erre que erre

 

e din que son trintetres anos

oitentesete números-obras

cantas serían as funcións?

onte en ártica a festa foi boa

 

reinventarse sen esquecerse

e repensarse sen perderse

erre-gue-te erre que erre

 

envolventes

 

16-11-2016

revoltosas noces

 


moitas noces

da finca familiar

da colleita deste ano

sairon ben revoltosas

curiosas noces de tres

e catro valvas

 

pipas



 

14-11-2016

a cita e a lua

 

 

escribícheme outra vez

despois de todo este tempo

deixáchete por fin ver

e pediche o mesmo ca min

na cea e logo nun café

 

contache de vos os tres...

debéu ser por esta lúa

logo foi o que pensei

 

lariño

 

13-11-2016

apestamos a chapapote

 

 

catorce anos do prestige

de chapapote catorce anos

se abrides ben os vosos narices

do obradoiro ao courel e muxía

case todo este masoquista país

aínda apesta a chapapote

 

o goberno absolutista

da xunta de nuñez-feijoo

apadriñado por gurtel-rajoy

e bendedido polo apostolo

e pola real-paramilitar

banda de bagpipers d'ourens

apesta todo el a chapapote

coma nas manifas nunka máis

chovía ou mexaban por eles 

pero os do palco non se mollaron


14 anos sen sobrir outro accidente

leo nun periódico-folla-parrokial

e entón que é feijóo-gurtel-rajoy!?

a chapapote apesta case todo

este masoquista e decrépito país

 

o cronista

 

 

 

 

12-11-2016

songs leonard cohen

 

 

parque de castrelos

verán agosto dous mil nove

o vello corazón susurra cancións

a todas as deusas da floresta

e a nós os miles de incrédulos

por telo aquí cos seus anos

por este último regalo-concerto

con tamaña enerxía

 

si leonard cohen

marchóu hai pouco marianne

e como ti lle escribiche

logo a atoparías polo camiño


graciñas leonard cohen

polos poemas as cancións

e os susurros

 

manolo pipas

 

11-11-2016

aquela cancion de leonard

 

 

a canción perdida de leonard cohen

aquí está nun recopilatorio

entre suzanne e marianne

cara un corte dous poríamos no guión

usado disco mercado nunha feira

a oitocentas edición do setenteseis

portada grande coma nos gosta a nós

foto do trovador tomada por pino

no espello dun hotel de milano

roupa negra ollada lonxana

e ao fondo un cartaz con árbores

 

por que mans pasaría

en que casa sonarían as cancións

en que ouvidos aniñarían as historias

de que naufraxios se salvarían?


e agora ti baixas grande urbe

congreso de non sabes que

e xa non quedan vellos hoteis

como os das canción de leonard

pero ti vas pensando

na bohemia das noites...

chama cando poidas

 

na morte de leonard cohen

este vello poema do 99

 

manolo pipas


 

09-11-2016

nos e a lingua



salgueiro garcía pardo

gonzález salgado fontás 

campo…apelidos de persoas

que morreron estes días

e que tomei do periódico

 

cantos galegofalantes

perdimos con elas e eles!?

nacerían estes días nov@s

galegofalantes para o futuro?

 

manolo pipas

 

07-11-2016

trump-hillary e yankilandia

 


donald trump trump

sona forte agresivo

coma un disparo

sona coma un desfile

coma unha bomba

boum boum

 

hillary clinton

sona mui raro

case impersoal

ten pouca forza

sona ben falso

e hipócrita

 

bos apoios por un lado

mike tyson e clint eastwood

e no outro beyoncé e springstin!

como elexir entre dúas torturas!

e o bob dylan non di nada!?

deixo a pregunta no vento !

 

érase un psedopaís recente

cunha historia sanguinaria

erase un país que rende culto

a gran mentira dunha estatua

...

 

o cronista

 

 

07-11-2016

rusia e os tres vladimires

 


noventenove anos

da revolución rusa-bolchevique

que acabóu co último feudalismo

e daquela no almanaque imperial

era un vintecinco de outubro

que coincidía co sete de novembro

do calendario actual

 

para celebralo e loitar

contra a memoria de vladimir lenin

o ex-KGB mafioso e cristiano

ultra-ortodoxo vladimir putin

ergueu moi perto do kremlin

unha macro estatua

daquel principe vladimir

que levóu a fe e o fanatismo

cristiano para aquelas terras

alá polo feudal século x

 

o cronista


 

06-11-2016

do culebron electoral

 

 

miñas donas meus señores

conto un grande culebrón

da maioría absoluta

a desgoberno en funcións

 

as consultas qu' esperpento

marearon ao borbón

pacto non pacto e pacto

linea roja ou marrón

a paella e o gazpacho

sobrasada e requesón

jota pasodoble e rumba

touros futbol rock an rol

descanso visite o bar

e segundas eleccións

as cortes unha esterqueira

estresados os leóns

o arbitraxe van cambiar

patxi deixa a ana pastor

os dous pouco aportarán

cando din renovación

 

pacto non pacto e pacto

ai dolores ai dolors

dille elvirita a mariano

que nos joden o turrón

se nos atacan os mouros

funcionarán os cañóns?

 

e o choio que se arranxa

coas traidoras abstencións

riverita  e  o  psoe

fan presidente a rajoy

día despois de difuntos

os ministros pros sillóns

juraron e prometeron

biblia con constitución

por correa e barberá

polos austrias e os borbóns

so faltóu un padrenuestro

e cantar el cara al sol

 

o cronista