Novembro 2016

05-11-2016

a rede o peixe e a rotonda

 

 

moito peixe rompe a rede

octosílavo o refrán

para empezar unha historia

que facendo boa memoria

acá xa se foi contar

 

foi o evento na chamada

casa da cultura galega

dun goberno municipal

bastante inculto e antigaleguista

edificio entre a praza da princesa

dunha monarquía ilexítima

e a praza da contitución

dunha lei de leis de leis

que so serve para os de arriba

 

redes de apoio contra a represión

foi o evento co documental

moito peixe rompe a rede

da loita da rotonta de coia

que abriu un coloquio

entre o rotondiano represaliado

diego lores e a sindicalista

e activista compostelá laura bugalho

entrelazando as nosas loitas sociais

que deben desconfiar das redes virtuais

 

o barco segue nas pedras

e os represores na poltrona

e na rede entróu pouco peixe

e non a romperon

 

o cronista senrede

 

04-11-2016

que desfeita de ministrxs

 

 

que desfeita de goberno

o rajoy foi ordear

coa axuda do psoe

na poltrona seguirán

mentirosos e corruptos

este país a estragar

a loyola co de guindos

fátima con catalá

o montoro e tejerina

con nós seguen a xogar

e caiu o de interior

represor foron cesar

 

caras pouco coñecidas

entran dastis e nadal

con zoido e de la serna

e dolors de monserrat

e a veterana e corrupta

dolores de cospedal

ai que dor este goberno

que so falta a barberá

que desfeita de ministr@s

estamos nas súas mans

 

o cronista

 

03-11-2016

unhas poucas follas

 

 

outono e parque

árbores e follas

vento e chan

e debuxo

 

na florida

 

 

 

 

01-11-2016

dia de mortos e vivas

 

 

día e noite de mortos

dialogo co caderno (coa pantalla)

e vou rimando nos versos (palabras)

o poema coma froito

 

cambio antigo de estación

día de mortos cabazas

o samaín as castañas

magostos cara o solpor

 

día de mortos oaxaca

florece en teis un pochote

cando se faga de noite

ergueremos a tonada

 

manolo pipas