Abril 2020

19-4-2020

a peste e o confinamento


avanza o confinamento
co fin de parar a peste
as contaxiadas e as mortes
nestes tan tráxicos meses
se moitos saen a rúa
haberá novos reveses

avanza o estado de alarma
con pobre confinamento
para parar este virus
séguennos faltando medios
se andamos moito nas rúas
máis vidas nós perderemos

confinamento e alarma
e dous meses xa levamos
sen fiarnos dos gobernos
nen dos números de casos
as mortes son moitas máis
e tamén os contaxiados

avanza a cruel pandemia
destas invisibles pestes
invisibles moitos casos
seguen infectando á xente
mellor regresar ás rúas
cando a maioría se detecten

un confinado



18-4-2020

virus dos medios galegos


cen venres vestidos de negro
xa leva o persoal da radio
e da televisión da xunta
case dous anos de protesta
denunciando as inxerencias
políticas do pp de feijóo

cen venres vestidos de negro
na defensa dos medios públicos
e o que lle queda a ese virus
destes malos e cínicos gobernantes

o cronista

17-4-2020

das letras confinadas


a dezasete de abril penso
nas letras de carvalho calero
o feito tantos anos agardado

pero as nosas letras
tamén foron golpeadas
pola pandemia do corona virus
e a pasividade dos gobernos
e temos as letras confinadas

coas escolas sen estudantado
interrelacionando coa súa obra
sen presentacións de libros
e tertulias e debates
sobre os traballos do mestre
sen murais nas rúas
nen recitas nos locais
sen concertos sen teatro…
sen a tradicional manifestación
anual do 17 de maio

os que mandan din de pasar
o día das letras galegas
para o 31 de outubro
polo cabodano de carvalho
pero outros que sentimos
a súa obra pero non mandamos
queremos a carvalho calero
nas letras do vindeiro ano

manolo pipas

16-4-2020

natureza e confinamento



nestas semanas de confinamento

a natureza toma as beira-rúas
e pode cobrir este banco

e sobre el florecen as ervas
e tomará todo o que poida
que ela nen está nen pode
ser confinada por nós
das rúas até os esmarfones
todo é dela


o cronista 

15-4-2020

o publico non se vende



o público non se vende
a sanidade as residencias
a educación os montes...
saqueadores nunka máis
o público non se vende

o cronista que estudóu
nas escolas  públicas

 

 

14-4-2020

estado roto e republica


hoxe é 14 de abril
día da república deste estado
e co estado bastante roto
reafirmámonos na república
como forma menos mala

hoxe catorce de abril
no medio do estado de alarma
coas liberdades suspendidas
e tomados polo exército
e cos discursos belicistas
do mal-goberno e a peor oposición
e cos seus danos colaterais ...
pero se non cae a monarquía desta
ímolo ter moi dificil


non máis pactos
da moncloa-zarzuela
referendum xa


o republicano cronista

 

 

 

13-4-2020

notas desta crise mundial 3


o confinamento empezóu tarde
e permitíndose estes días

os traballos non esenciais
sen a pamdemia controlada

e sen os medios axeitados
o desconfinamento desescalada
empezóu demasiado cedo
pero cando manda o capital ...

moitas residencias privadas
son máquinas de gañar millóns

mal axeitadas pra coidar

as nosas persoas maiores
desde domus vi a san rosendo
en moitas  residencias privadas
houbo moitas máis mortes
das ke din por este virus-europeo
e os seus patróns son uns asasinos

coa complicidade da xunta de galicia

o trump di que non vai poñer mascarilla
habería que poñerlle un bozal ou mellor
aínda coserlle os seus infectados beizos

nas últimas veces no supermercado
non había lexibia nen outros afíns
e sobre as miñas luvas de plástico
que traía da casa puxéronme
outras e un chorro de desinfectante
se non nos mata o virus matarános
toda esta química e os plásticos

hipócritas políticos e periodistas
din que esta crise en europa
é a peor desde a segunda gran guerra
pero esquecen as guerras dos balcáns
e a crise dos refuxiados alimentada
polas armas e as multinacionais
da des-unión europea

o confinado cronista


12-4-2020

dis tan cia dos


camiñamos e parámonos
a un ou dous metros
de distancia uns dos outros
por precaución contra o virus

non é distanciamento social
é distanciamento físico
leo no bo artigo de eliane brum
el virus somos nosotros

pero cando alguén
está ingresado ou morre
e non é acompañado
e non nos acompañamos logo
si sofrimos tamén
o distanciamento social


o distante cronista 



11-4-2020

lavarse as mans


lavarse as mans
unha e outra vez

lavarse as mans
unha outra e outra vez
e nós podémolas limpar
e desinfectar

pero eles pero eles
o psoe o pp a patronal
a banka a monarquía
a igrexa o exército
hai anos que teñen
as súas sucias mans
manchadas de sangue
e nunca as poderán limpar


o insubmiso cronista
en confinamento

10-4-2020

horta e confinamento



na pequena horta detrás da casa
nos primeiros días do confinamento
uns poucos tubérculos plantamos
as patatas co seu ritmo e algo de chuvia
e menos contaminación foron nacendo
e xa vedes que van medrando

a carón das ervas e das cebolas

dos sabugos as fabas e os allos

a terra é xenerosa


o cronista labrego 


 

09-4-2020

alarma e procesions


xoves nove de abril
para moitos chamado santo
neste estado que na práctica
non é para nada laico


nove de abril xoves

e a sanguinaria legión
tampouco sacóu a pasear
el cristo de la buena muerte
na súa procesión pola alarma

durante anos nós nos alarmábamos
con este e outros violentos
procesionamentos que tomaban
as nosas laicas rúas e prazas

a mala e cruel morte procesiona
polos hospitais e as residencias
especialmente en moitos
inhumanos xeriátricos privados
bendecidos pola corrupta e cruel igrexa
que se mantén co sofrimento das persoas

o apóstata cronista


08-4-2020

silencio de cidade morta


Cae a tarde, e cae cun silencio de cidade morta,
esta sensación de estar todo suspendido,
como esperando o fin do mundo,
como de estar absorto coa mirada
cara a dentro cravada nun punto lejanísimo
onde nin hai pensamentos...
Tempo confuso no que estar ben é un crime,
e estar mal é unha obscenidade.
De que podemos queixarnos
vendo como están outros,
vendo o que arriscan outras...?
Pero quen estaba preparado para isto?
De súpeto non existen os demais,
non existen os xestos con que nos unimos a eles,
non existen as miradas coas que nos contamos os misterios,
nin as palabras que nos feren ou nos curan,
nin as presenzas que nos di que o mundo
non é un lugar deserto...

luis do uf   nun correo