pola crise do corona virus
temos infectada a unión europea
gravemente ingresada na uci
e cun potente respirador chino
e a oms logo vai pra urxencais
neste mes a compra de armas
en usa acadóu cifras de record
mentres noutros paises á xente
mercou sobre todo papel hixiénico
en filipinas o presidente-dictador
mandóu disparar a policía
a quen incumpra o confinamento
o brexit-man boris johnson
colléu a gripecinha do bolsonaro
logo de se meter nas alcantarillas
sánchez cada día que pasa
se parece máis a rajoy
actúa tarde e mal e cando abre
a boca fala fala e case non di nada
un submariño nuclear yanqui
ten ducias de contaxiados
o cacharro non debeu sair da casa
e cuba segue mandando médicos
a prepotentes paises infectados
e facendo memoria o portavoz
científico do goberno fernando simón
dixera aquel 31 de xaneiro españa
no va a tener, como mucho, mas allá
de algún caso diagnosticado
o cronista