entre viaxes 2010

09-6-2010

entre palestina e oaxaca


.


o meu imaxinario cayuco
quere zarpar cara o sul
e logo dunha pequena travesia
para onde vou virar ?

cara un lado
agardan palestina e gaza

para o outro chiapas e oaxaca


-mañan do 9  de xuño


a caravana a copala
non puido romper o bloqueo
que gobernos e paramilitares
pararon o seu camiño

a imaxe foi nunha marcha en oaxaca
en xaneiro do 09 por palestina

08-6-2010

gaza e copala

bos dias ou boas noites



cando é medio dia nas costas de gaza

pasa da media noite nos cerros de copala



logo virá o solpor para o deserto de palestina

e o mencer chegará ao altiplano de oaxaca

...



unha soa terra

e un mesmo sangue

e ogallá fose

unha soa resistencia

mañan do 8 de xuño


o municipo autonomo de copala en oaxaca

hai meses que está cercado por paramilitares

a finais de abril unha caravana non puido entrar

e houbo duas persoas asasinadas

e hoxe unha segunda caravana

coa palabra quere romper este cerco
04-6-2010

o paliacate e o palestino

o paliacate mexica‭

e o pañuelo argentino

o mocador catalan e o fular frances

o mantili grego e o palestino‭

das terras entre gaza e o rio jordan

.

textiles de cores‭

ou formas diferentes‭

para as mesmas loitas

os cabelos que protexemos‭

as caras que as veces tapamos‭

e as loitas que se desnudan‭

,




manolo pipas

mexico ‬29-12-09

publicado no libro‭

a milpa e o paliacate‭

Distribuir contido