Maio 2010

31-5-2010

ai gaza AI GAZA

ai cantas prazas

no mundo hoxe

se chamarán gaza

ai cantas prazas

ai gazas cantas



ai os barcos os barcos

que querian ser

os barcos da liverdade

ai e que foron do espanto



ai cantas prazas

ai cantos mortos

AI CANTAS GAZAS



ai os barcos do espanto

porque ? e ate cando ?



galiza 31-5-10



para os ultimos

e todos os mortos

do imperio israelita





31-5-2010

elegir mi paisaje

si pudiera elegir mi paisaje
de cosas memorables, mi paisaje
de otoño desolado
elegiría, robaría esta calle
que es anterior a mi y a todos


ella devuelve mi mirada inservible
la de hace apenas quince o veinte años
cuando la casa verde envenenaba el cielo,
por eso es cruel dejarla recién atardecida
con tantos balcones como nidos a solas
y tantos pasos como nunca esperados


aquí estarán siempre, aquí, los enemigos
los espías aleves de la soledad
las piernas de mujer que arrastran a mis ojos
lejos de la ecuación de dos incógnitas


aquí hay pájaros, lluvia, alguna muerte
hojas secas, bocinas y nombre desolados
nubes que van creciendo en mi ventana
mientras la humedad trae lamentos y moscas


sin embargo existe también el pasado
con sus súbitas rosas y modestos escándalos
con sus duros sonidos de una ansiedad cualquiera
y su insignificante comezón de recuerdos


ah si pudiera elegir mi paisaje
elegiría, robaría una calle
esa calle recién atardecida
en la que encarnizadamente revivo
y de la que se con estricta nostalgia
el número y el nombre de sus setenta árboles


mario benedetti

escritor uruguayo que en maio do ano pasado
zarpou na sua travesia mais longa
texto do seu primeiro libro de poemas
solo mientras tanto no 1950




30-5-2010

terribles permacultores

permacultores terribles
vos sodes lobos do norte
mais con corazons do sul
terribles permacultores

permacultores terribles
tolas do perma-corrido
sementa algas valadares
nas bateas medra o millo

ai rede permacultora
ai aurora
ai permacultora rede
ai que xente

permacultores do norte
per-manitos per-manitas
guitarra i acordeón
bigotudos chaparritas

casas de pedra ou madeira
e casas de barro ou palla
que non vos coma as paredes
un burriño ou unha vaca

ai rede permacultora
ai aurora
ai permacultora rede
ai que xente

o cronista 30-5-10

para xs terribles permacultores
do norte que onte nos deleitaron
nun convivio en alga lab
en valadares

27-5-2010

a ti que estás do outro lado

comunicación segunda‭



boa noite ou bo dia lectora
ou lector que estás do outro lado

envolventes as palabras segue o camiño‭
cos textos que provoca este revolto
tempo‭ que nos toca vivir‭
e agora tamen algunhas imaxes
van acompañando uns poucos poemas‭

a comunicación interna con comentarios‭
que se poidan publicar no espacio
ainda non é posible porque os modelos‭
que permite este sitio non nos convencen‭
pero seguiremos pensando que podemos facer


boas palabras
e unha envolvente aperta
na ria na tardiña do 27 de maio

26-5-2010

historias do chapapote 2

estes segundos poemas do chapapote
non se retrasaron polas marés
foi que outros textos novos ou vellos
como ben puidestes percibir
foron pedindo paso estas semanas


.nos barrancos

nos barrancos de mougás

fileiras de corpos
verdes marelos e brancos

nos barrancos de mougás
cada capacho pasaba
por cada unha das nosas mans

12-02



mar e man


a beira do mar
nos peiraos e rochas de camelle
pintabas series de circulos
unha e outra vez
cara un lado
os circulos ian medrando
cara a outra beira
o circulo desaparecia

dixeronme que desapareceche
cando chegou o chapapote
pero sinto que non paras de medrar

redondo redondo é o circulo
rotundo retundamente físico
o circulo fainos parte do cosmico
e do cosmico construimos o mitico
e todo todo nace do circulo do man

camelle 7-02

so por fotos e por oidas
sabia do solitario man
e en novembro do 02
golpeoume a sua morte
e en xullo do 2003 visiteino

a mancha e o rio


a finais de decembro do 2002
unha gran mancha ollabase con medo
desde o monte tecla
o mar botaba a mancha
cara a terra e cara o sur
pero a forza das augas do minho
non a deixaba pasar
durante varios dias subistes ao monte
e impotentes con medo ollabades a mancha
agardando un fatal desenlace
pero cambiaron as correntes do mar
e levaron o chapapote
cara o norte ate karnota
e portugal salvouse da desfeita

mougás- a garda 12-02
.

.ons e cies


nunca fora a illa de ons
e ali levoume o chapapote
como a outros lugares da costa
que ainda non coñecia

fun ver o buraco do inferno
pero ali arriba sentin moita paz
porque o inferno estaba
nas praias e rochas cheas de chapapote
e sobre todo nas mentiras das declaracions
do director do parque nacional
que tamen hoxe estivera na illa
coa sua cabeza e lingua
chea do outro chapapote

as illas cies xa fora unhas poucas veces
e volvin no tempo do chapapote
e camiñei os danos colaterais do exercito
das suas maniobras para a guerra

illas atlanticas 1-03
.

o voluntario e o calderón


curro chegou só nas vacacions do nadal
fuxindo desas datas e da sombra de alguen
como moitos solitarios que buscaron o chapapote

voltou uns dias a castela e de novo en carnota
pero xa cambiara moito o traballo
e o camiñar dos voluntarios

pola noite curro talla nun anaco de madeira
o calderón que aparecera hai uns dias
morto entre as rochas de insuela

nas poucas horas que estiven con el falamos moito
e cando nos despedimos xa me entrega
o seu pequeno cetaceo de madeira
que segue comigo

carnota 1-2003

o mar e o tempo

o mar pode

dixerilo case todo
so precisa tempo e mais tempo
o tempo e o mar todo o curan
todo menos a nosa raiba
e a nosa grande impotencia

galiza 2003

erika


erika ten catro anos
e catro anos pasaron do erika
aquel otro maldito barco
que golpeou a bretaña
e a cativa erika en mar de fora
pregunta ao seu pai
porque o mar chega todo negro

karnota 1-2002

as marés deben traer mais poemas
25-5-2010

a capa da real banda

a capa da real banda
ten un escocés pintado
cando a real banda toca
o moneco baila raro

tocache real banda
toquei si rapaz
dime pra quen tocache
toquei pro meu baltar
toquei pro meu baltar

a real banda é unha tola
que todo fai ó reves
véstese pola cabeza
e íspese polos pes

tocache real banda
toquei si meu ben
dime pra quen tocache
toquei pra don manuel
toquei pra don manuel

a banda de xosé lois
ten un toque mui estraño
con gaitiñas e tambores

que van militarizados

tocache real banda
toquei si señor
dime pra quen tocache
toquei pro meu amor
toquei pro meu feijó

anda por terras chinesas
a tola da real banda
como toque moito tempo
vai derrubar a muralla

tocache real banda
toquei si señor
dime pra quen tocache
toquei pro meu feijó
toquei pro meu feijó

pra don feijó real banda
non volvas a tocar
porque che levanta a capa
e é mui mala de baixar
mui mala de baixar

o cronista 24-5-2010

24-5-2010

mais versos titiriteiros


e seguiu o festival‭ ‬/‭ ‬o domingo ultimo dia‭

topei muitas amistades‭ ‬/‭ ‬e algunhas con meniñas

vai un conto ou unha obra‭ / e nas prazas ou no paseo‭
hai uns titeres que falan‭ ‬/‭ ‬a outros chega cos xestos

gran circo de liliput‭ ‬/‭ ‬os titeres mais pequenos‭
que desbordan emocions‭ ‬/‭ ‬e desbordan os meus versos‭

boa exposicion de imaxes‭ ‬/‭ ‬dos anos do festival
nunha foto o autor pregunta‭ ‬/‭ ‬pola nena anxelical‭

tamen hai un mercadiño‭ ‬/‭ ‬titeres libros e roupas‭
ti ves mui serio vestido‭ ‬/‭ ‬cambia xa de camisola‭

recomendo se me deixas‭ ‬/‭ ‬a nova do festival
e precisas un sombreiro‭ ‬/‭ ‬que o sol está a apretar‭

vou coa copla tanxarina‭ ‬/‭ ‬artistas traballadores
un pastor e tres ovellas‭ ‬/‭ ‬brancas negras ou a cores

o xantar titiriteiro‭ ‬/‭ ‬foi no alto de cedeira‭
e foi cortarnos a fita‭ ‬/‭ ‬unha nena brasileira

pasarruas dos gaiteiros‭ ‬/‭ ‬repartimonos en mesas
os folkloricos e o viño‭ ‬/‭ ‬son os dous de tinta femia‭

cociña titiriteira‭ ‬/‭ ‬graciñas polo menú
pola festa e as cantigas‭ ‬/‭ ‬que botastes no autobús‭

marcho cedo‎ ‏/‎ ‏mais fican os meus poemas‭
desculpade que vos deixe‭ ‬/‭ ‬pero teño unha‭ ‬asamblea

graciñas meus tanxarinas‭
que xente titiriteira
seguide co festival‭
que non pare a sementeira‭

o cronista
de redondela a cedeira‭
a‭ ‬23‭ ‬de maio dos correntes

23-5-2010

as coplas do festival


cheguei tarde ao festival / varios dias eu perdin

e o sabado baixei / eu tamen dun castromil

das actuacions que vin / vou contando o que se pode
se me paso tanxarina / pode pecharme na torre

pola praza do concello / xa vai a orquesta fantasma
e resulta que é un solista / que ben toca duas flautas

unha frauta en cada man / e as percusions ao lombo
e un cordel en cada pe / toca pandereta e bombo

as coplas dos once anos / en cuartillas repartin
aos tanxarinas pasei / os versos do castromil

o triptico é un debuxo / e no cartel temos outro
un autobus con remolques / e outro que marcha solo

na vila dos acueductos / a risa anda pola rua
pero non ri todo o mundo / que algun ten cara mui dura

que vergoña os da xunta / cortando coas subencions
que os titeres levaban / ás escolas con paixon

na alameda vou xantar‭ ‬/‭ ‬cousas vexetas mui boas‭
que son da cova dos ratos‭ ‬/‭ ‬que saiu da sua cova‭

os titeres pola gorra / escollen o seu turreiro
torres bermellas revive / a hendrix e cachafeiro

the turre's band bos metais‭ ‬/‭ ‬de torroso e arredores‭
trotamundos parrandeiros‭ ‬/‭ ‬no turreiro e xunto a torre

na praciña un retablillo / con titeres e mais contos
rodorín botou uns versos / con mais gracia que manolo

e remato este bo dia / sabado titiriteiro
os croquetas seica foron / uns tremendos no torreiro

marcho pois cos meus apuntes
pra mais versos escribir
que onde mellor me saen
é subido ao castromil

o cronista en redondela
o 23 de maio dos correntes

21-5-2010

os titeres de redondela

once anos nada menos / titeres en redondela
alegría pros pequenos / que non perden esta festa

tanxarina na xunqueira / é o grupo anfitrion
nas prazas e na alameda / once anos de paixons

este trio trae a ria / titeres de medio mundo
historias de fantasia / dun pasado ben profundo

toca o tan tan tanxarina
abre o telon a cortina


titeres e marionetes / circo poetico e danzas
musicas e monicreques / liliput e uns fantasmas


.

os dez dedos xa sumaba / o .cartel . titiriteiro
as duas mans completadas / dan paso a outro deseño

toca o tan tan tanxarina
abre o telon a cortina


van dentro dun castromil / os dez anos e monecos
no remolque está a sorrir / e seu irman mais pequeno

titeres que gran regalo / redondela e tanxarina
o festival once anos / pecha e abre a cortina

tanxarina ai tan tan
ti non nos podes faltar


                        na ria a 21 de marzo



21-5-2010

voz de costa e campina

cantigas do bem querer
trae a rapaza da lira
do nordeste do brasil
socorrinha

cantigas filhas da terra
alegria e dor en rimas
lonxe e perto tudo e nada
tuas e minhas

e traes cantigas de amigo
que son tonadas mestizas
entre as augas que nos unen
ai mendinha

cores do atlantico traes
nova voz das nosas rias
entre baiaos e sambas
e valsinhas

son cores do bem querer
rimas da tua campina
do nordeste do brasil
socorrinha

larinho   na ria

a socorro lira
que escoitei á beira da ria
ponhendo a paixon e a voz
nas nosas cantigas de amigo
no disco cores do atlantico

20-5-2010

pequena galerna de musica

na memoria de cesar martinez



arden os cangos arden

e ardeu a nova cidade vella

e queimouse tamen limens

xa perto da noite das fogueiras

e dispersaronse outras muxicas

entre casimiros mouras e albeidas



foronse carlos miguel suso e luis

e estes dias a cesar perdimos

e cambiaron tantas veces os ventos

mais a galerna pasou deseguido

por este cabo do mundo do sur

cun impostor no seu camiño


arden os cangos arden

os atlantes como unha piña

regresou simbad voltou a serea

e todo o mar como unha fuxida

pero é ainda mais ala da neboa

onde hai mais verdades que mentiras



cantamos grândola en castrelos

e alguns pouco mais cantaron

e novas rosas para rosalía

de tantas terras chegaron

pero esta terra é un berro seco

que non da vencido ós ananos



arden os cangos arden

e ardeu case toda a cidade vella

e nos ainda seguimos buscando

o clandestino son da escura estrela

e alguen canta historias do florencio

aos nenos á beira doutra cacharela



a casa do patin que se abriu

esa noite que non quería alborada

danzaron crechas dhais e armeguin

e todas as cosmogonias na danza

e os teus ollos amiga de que tribo son

de que monte son de que praia

manolo pipas maio 2010


texto do ano 2001

ao que tristemente sumei uns versos

na segunda e ultima estrofas

poema pequena memoria

da musica folk dos anos 90

da que cesar formou parte

escoiteino a primeira vez con galerna

e a ultima que lembro foi con emilio cao



os outros compañeiros lembrados

son o trovador suso vaamonde

miguel varela de manuela e miguel

luis areán o flautista de dhais

e carlos liz o meu compañeiro na radio

co programa arden os cangos
19-5-2010

poema guitarra e voz

o veterano cantor no teatro
de triste figura bo compañeiro
ai ti sempre vestido so de negro
un home a unha guitarra pegado

poema voz e guitarra
tonada

paco ibañez cancion republicana
pioneiro mestre exilio e regreso
ai ti sempre vestido so de negro
mais con todas as cores da palabra

poema guitarra e voz
cancion

cancion que non pode volver atras
vellos e novos poetas no camiño
ai ti sempre de negro so vestido
cantor agora e sempre a galopar

poema voz e guitarra
palabra

en vigo
a 19 de maio do 2010