verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
unha rapaza non quere
sair na foto e tapa a cara
e a súa compañeira sorrí
a quen o seu debuxo retrata
na carpa entre un pase e outro
contra a violencia machista
as percusións das batumeigas
son armas de construcción masiva
o colgado mandil na carpa
a prenda do traballo non remunerado
a símbolo do paro enriba das compas
rematando a xornada ben alegres
na festa feminista no berbés
sesé e todas elas na memoria
graciñas asemblea galegas 8M
ogallá este xoves oito de marzo
sexades e paredes moitas
o voso compa
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)