20-3-2017

memoria dun loureiro



xa vedes a desfeita
e podedes imaxinar
a grandota árbore
e o seu inmenso verde
a agradecida sombra...


un loureiro cheo de vida
e que moita vida daba
aos máis chiquitos insectos
as medianas aves…
e del como era hai un mes
non temos nen foto

a árbore estaba sá
e se lle molestaba a alguén
a outros moléstannos
moitos coches sen sentido

en travesas entre
castelao e lalín