nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
esta cidade que nacéu
do mar e do campo !
acaso hai algo máis
que mar terra e aire ?
esta cidade porto case sempre
de costas a ría ao mar
cantos ecosistemas costeños arrasóu?
tamén as dunas da fontaiña e baluarte
salgados os nosos versos
soben e baixan coas marés
andan co ritmo mareiro
e pros areias e as dunas
queren mellores tempos
aquelas vellas dunas da fontaiña
por aqueles homes estragadas
por vos fontaiñas restauradas
e nelas vai medrando a vida
os areais e as dunas móvense
coma grandotes seres vivos
coas marés do día e da noite
as praias antes chamados areais
e as dunas antes eran os tombos
moutillóns fenais madorras modorróns
mouteiras malloeira monteirón ou medón
a riqueza do noso medio e da nosa lingua
vintecinco anos do comenzo
da restauracion das dunas
e corrubedo mándalle a coruxo
unha salgada aperta de area
a asociación fontaiña
25 anos recuperando
as dunas de coruxo
e hoxe o celebra cunha cea
e poemas na cova dos ratos
fontainhavigo.blogspot.com
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)