12-5-2012
aí ven o maio
Ahí ven o maio / de frores cuberto Puxéronse á porta / cantándome os nenos; i os puchos furados / pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, / calados e quedos; que o que é polo de hoxe / que darvos non teño. Eu sonvos o probe / do pobo galego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno! Cando eu me atopare / de donos liberto i o pan non me quiten / trabucos e préstemos, e como os do abade / frorezan os meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. ¿Queredes castañas / dos meus castiñeiros? ... Cantádeme un maio / sin bruxas nin demos; un maio sin segas, / usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos. curros enriquezdo libro aires da miña terrae imaxe dos maios de ourenseai se curros escribira hoxe os poderosos e a crise e as pestes da nosa terra