Xaneiro 2010

24-1-2010

decimas para un continente

este meu cubano herrera
i este wilson argentino
defenden ben co seu trino
unha terra e outra terra
a illa e as pampas berran
por un mundo diferente
ai camiña tanta xente
dia e noite noite e dia
ai que longa travesia
buscando o seu continente

noutras terras do alen mar
decimas tamen se cantan
os fantasmas ben espantan
coa guitarra a improvisar
colombianos a trovar
uruguayos e chilenas
i en mexico as jaraneras
cunhas pequenas guitarras
as boas rimas agarran
con alegrias e penas

aos meus compas de oaxaca
varias decimas lles fixen
eles din que no se afligen
mentres toquen as jaranas
as suas terras lonxanas
están perto desta ria
doce de outubro maria
cantas cousas hoxe sinto
e con palabras eu pinto
as miserias deste dia

as pintoras e os poetas
muralistas e cantoras
o solpor e mais a aurora
o neruda con violeta
i entre tantos exiliados
zitarrosa coa maleta
a vallejo recitando
e ribera vai con frida
sementando novas vidas
con victor no seu arado

vigo 13-10-09
24-1-2010

voluntaria

como nun maldito canto
verso a verso sen palabras
vas enchendo o teu capacho
voluntaria de mougás

cando baixan as marés
pedra a pedra sen descanso
vas raspando mil mentiras
voluntaria de figueiras

    e pra rua tes que ir
    paso a paso reclamando
    o teu dereito a limpar
    de ribeire voluntaria

cando levantas os ollos
cabo a cabo pasan barcos
con chapapote asasino
de karnota voluntaria

nesta costa que xa é vosa
dia a dia dignidade
vai vencendo ao pesadelo
de muxia voluntaria

     e no traxe tes escrito
     letra a letra en chapapote
     con protesta e con promesa
     voluntaria nunca mais

                          4-03

24-1-2010

pola memoria de lorca

unhas palabras pola memoria
de federico garcia lorca e da guerra do 36

federico garcia lorca o home o poeta
o dramaturgo o musico e a sua memoria
voltaron a estar presente nestas semanas
nos medios de comunicación e na rua
cando se fixo unha tentativa frustrada
de atopar a sua tumba

a busqueda dos restos
do poeta asasinado polos fascistas
nas primeiras semanas da guerra non se puido facer
e agoras os seus sobriños e herdeiros
non o permitian pero buscando aos outros posibles
asasinados xunto ao poeta
tamen se buscaba a federico
un poeta maltratado polos dereitos legais
dos seus poucos familiares
contra os dereitos eticos de miles de persoas

o seu biografo i estudoso iam gibson a persoa
que mais tempo adicou a obra e vida do literato
lanza a consigna de que a recuperacion dos restos
do poeta pode ser un paso mui importante
para a reconciliacion dos dous bandos
estraño comentario cando os herdeiros do grupo
que deu o golpe de estado segue coas suas formas
antidemocraticas evitando que se faga xustiza
como os sobriños do poeta

e lorca claro que non é un morto mais
pero todos os desaparecidos teñen o mesmo dereito
ca el a ser atopados polos seus queridos
e o gasto de millons de euros nesta frustrada
e pouco calculada busqueda
foi un exceso dos nosos gobernantes

e ai están voces como a do seu biografo
pedindo un estudo riguroso para facer
outra tentativa de busqueda da sua tumba
a obra e a memoria do poeta están ben vivas
pero non podemos decir o mesmo da memoria
da guerra e da dictadura e da resistencia
e sigamos facendo memoria pois
a chamada guerra civil española non foi civil
nen so española que foi unha guerra dos fascistas
contra a democratica republica
e foi unha guerra cun grande compoñente
internacional durante o seu transcurso
e tamen na chamada postguerra
e os supostos democratas que venceron ao fascismo
alemán e italiano tiñan un compromiso de acabar
coa dictadura de franco que non cumpriron

desde aquí van unhas palabras
para o tamen poeta miguel hernandez
amigo de federico e asasinado polo franquismo
nunha prision poucos anos despois da guerra
outro dos posibles simbolos
dunha reconciliacion que non chegará

en oaxaca 1-10



23-1-2010

as historias de poncho robles

poncho robles ibarra

un home de pura enerxia

mal lector pero deborador de cancions

mestizo que emigrou nos noventa

a peninsula iberica a buscar

as suas ocultas raices europeas

participou en proxectos de ecoloxia

radios libres e apoio a oaxaca



poncho voltou a sua terra

a finais do ano dous mil sete

escribe decimas e romances

e outras formas populares

na sua lingua xa algo contaminada

polo castelán orixinario
23-1-2010

camiño de volta aos eidos

a uxio novoneyra

da tua elexia é o tempo
compostela lugo e as campás do courel
camiño de volta aos eidos

en silencio acendin un lume por ti
ollando o lume lembrei os teus versos
e na compaña dos meus seguin calado
sentindo como se asaban as castañas

lume da morte e lume da vida
e as castañas sabiannos a terra
en silencio sain do silencio
e mañan recitarei versos por ti

en lugo o dia da tua non despedida
poucas voces foron capaces
de facer o coro na letania

galiza 11-99

este texto
esta publicado no libro colectivo
a porta verde do setimo andar
e foi musicado e cantado
por maría xosé lópez


23-1-2010

a lua sobre o texcoco

a lua sobre o texcoco
venus coa lua chea
o sol que xa quere sair
o mencer por estas terras

este lago do altiplano
a pouca auga que queda
o ahuehuete o huizache
e ainda verde está a erva

o mercado e as floristas
os labregos e as trovas
unhas nenas que traballan
outras que van para a escola

mans e corpos que amasan
as mamás e as avoas
o pan de mortos e vivas
con formas vellas e novas

flores paxaros i elotes
algas peixes e monecas
as formas raras do güero
cinco puntas esta estrela

a milpa sempre a milpa
o machete e a colleita
as tumbas e a memoria
destas volcanicas pedras

os cerros como vixias
lua nova lua chea
a resistencia que siga
que esta vida non se perda

entre texcoco
i mexico 3-11-09

a familia diaz castelao
que me abriu as suas casas
a memoria de enrique

23-1-2010

massó e os saqueos

na outra beira desta lingua de mar
en cangas divisase a fabrica de massó
a vella construccion e a sua torre
como unha torre civil como un templo
un templo do recente pasado
de traballo de riquezas e saqueos

a abandonada fabrica de massó
a cheminea e as outras construccions
cangas massó a terra o mar e a memoria
agora victimas de mais grandes saqueos
e baixo aos peiraos e collo o barco
o privado pero colectivo transporte
e ollo as desfeitas do corredor do morrazo
os recheos as fabricas os portos deportivos
os montes quiemados e pelados
e tantas e tantas batallas que perdimos
e ollo para atras de rande a toralla
e mellor non sigo non sigo

no salgueirón de cangas o recheo avanza
como unha lingua de escombros de destruccion
que trouxeron os camions que pisaron e pisan
os escombros da legalidade e as nosas vidas

na praia a poucos metros de nos
uns poucos corpos na area como autistas
e ao pe da cheminea apaño unhas moras
dunhas silveiras que teñen mais vida
que eses conflictivos e violentos pikoletos
e despidome dos compañeiros do foro social
das compas de galiza non se vende
e dos dous unicos mariñeiros que chegaron

hoxe perdimos outra batalla por massó
e imos coller o colectivo barco
e a vella cheminea da fabrica de cangas
mandanos unha forte aperta
para a cheminea da panificadora de vigo

mañan uns poucos repetirán
e outras coma hoxe nos
virán a dar un pequeno apoio

na ria 7-09

23-1-2010

cantigas pola lingua

primeiros poemas pola lingua


o galego a nosa lingua

o galego a nosa lingua
e a lingua é unha fala
e o galego segue vivo
graciñas as suas tonadas

moitos seculos escuros
coa lingua proibida
e resistiu esta fala
cos seus versos e cantigas

ai as cantigas de amigo
romances e ribeiranas
e os cantos de traballo
sementando a nosa fala

o galego é como un vello
esta fala é unha nena
cantares de rosalía
ai cantos de novoneyra

a cultura oral é grande
grande e livre como a fala
nos podemos transmitila
non podemos atrapala

o galego a nosa lingua
a fala é a nosa casa
as cores da cada frase
os acentos das palabras

o galego a nosa lingua
outra vez represaliada
de nos depende que viva
demos a nosa palabra

coplas logo da manifa
pola lingua 10-09

.......

triadas pola lingua

unha forma ben galega
na cultura popular
é a triada ou terceta

a triada meus amigos
ven de tempo inmemorial
paseniño o seu camiño

xa nas cantigas de amigo
a triada era unha forma
dos cantares mais sentidos

rosalia sen sabelo
ela muitos cantos fixo
con este trovo pequeño

case todas as cantigas
neste tempo se perderan
agas algunhas pouquiñas

canta rica tradicion
secuestrada nuns museos
que despois se liverou

e cen anos xa pasaron
i en museos e prisions
outros queren sepultarnos

i este domingo teremos
unha marcha en compostela
na defensa do galego

na defensa dunha mae
porque temos unha guerra
pois de baixa intensidade

a lingua filla da terra
a fala filla do mar
todas para compostela

vigo 14-10-09

23-1-2010

uns versos de presentacion

unhas palabras

as palabras e o espacio
as nubes e as palabras
e as arbores caidas
que tamen son palabras

...

envolventes as palabras

as palabras envolventes
envolventes verso a verso
as imaxes
os olores
ai güerita as palabras
o alento

eses versos envolventes
envolventes nota a nota
as tonadas
os sabores
morenita as palabras
da memoria

as historias envolventes
envolventes as cantigas
noite rota
lua chea
envolventes as palabras
ai chiquita

galiza-oaxaca
09-10

...

unhas poucas palabras

nestes ultimos meses
entre o verán e o inverno
primeiro na galiza e agora en oaxaca
valorei a posibilidade de abrir
un novo espacio para a palabra
para o verso e o poema e outras formas
como a cancion o relato chiquito
literatura oral pero escrita
neste novo formato pois
un espacio para a creacion e a cronica
e mesmo para o dialogo poetico
a proposta era de abrir o espacio
en solitario ou en grupo
e ai vou no persoal a tentar construilo
coa necesaria axuda tecnica e outras ideas
para darlle un compoñente mais colectivo
unha aperta

en oaxaca 1-10

...

a palabra o verso o poema

o manifesto da palabra
a festa do verso

a palabra e as palabras
a frase e o relato o verso e o poema

as outras palabras
o texto e a musica a voz e a canción

os versos e o poema
entrelazadas palabras

os cabelos e a trenza
entrelazados versos
as palabras e o poema

os fios e a corda
entrelazadas palabras
sumando as suas forzas

as ondas na praia
entrelazando escumas
salgadas palabras

palabras entrelazadas
os versos os poemas
envolventes as palabras

lariño

oaxaca
1-10

...

as nubes

estas e outras nubes
brancos azuis e grises
entrelazados

camiñan estas nubes
os debuxos que ti ves
esas efimeras formas

as nubes da mixteca
e as nubes do morrazo
o monte alba e monte albán
a serra zapoteca e a serra do courel
o altiplano oaxaqueño e a terra cha
os cañons do sil e a cañada cuicateca
a entrada e as illas da tua ria
e os manglares de chacagua
e os ventos do istmo e de karnota

oaxaca o pais das nubes

terra das nubes galiza

...

os paus das arbores caidas

uns troncos amontonados farán leña pro comal
arbores da serra mixe o encino e o yabital
como grandes esculturas que tirou o temporal
estes paus que son refuxio
pra tanto pequeno animal

entre a leña tamen xogan jeni abella e tomás
outro lume xa prepara sabroso mixe tamal
vida na comunidade a milpa e o cafetal
o mencer e o solpor as formas da terra nai
tres dias e catro noites
xa nos temos que marchar

a cidade que nos chama co seu distinto cantar
as marchas e os papeleos o dificil avanzar
troncos e leña dan paso ao frio lume do gas
a cidade é un bosque dificil de camiñar

os golpes de tantas guerras
a opresion da falsa paz

tres dias e catro noites
son as cinco da mañan
cruzaremos o mencer
outro dia que xa vai

terras de oaxaca xaneiro do 2010
unha aperta