dime un amigo e funcionario
de xustiza que el é cen por cen
constitucionalista por imperativo legal
pero o compa hai vinte anos no seu piso
dependendo do traslado do seu curre
por lugo por donostia por madrid
acollía a un amigo que desobedecía as leis
a un perigoso insubmiso pois
hai vintepico anos tiñamos
nas cadeas centos de insubmisos
presos de conciencia e politicos pois
e un feixe deles fuxidos das leis
dentro e fora do estado
hox catalunya ten catro presos
politicos independentistas
nunha prisión de madri e a distancia
tamén é un punto máis de represión
e cinco fuxidos das represivas leis
pero tamén poderían ser ducias
e centos de persoas presas e fuxidas
e non o están porque o estado
español lles ten medo
hox seica é dia da constitución
a lei de leis a mentira das mentiras
e moitas veces a represión das represións
conta un insubmiso
ao que non quixeron
meter na cadea