verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
moitas son as terras e augas
arrasadas pola industria
mineira alimentaria e bélica
a construcción e o turismo
e as suicidas guerras
moitas terras arrasa
a cacharrada da comunicación
coas empresas falsas-redes-sociais
e a chamada intelixencia artificial
deseñada polos de arriba
coa sua rapidez egos e mentiras
co seu atroz consumo
de minerais enerxía e auga
as cidades non son nada
sen todo o que as rodea
e tamén o que está lonxe delas
e so uns poucos espacios
son respetados e coidados
polas persoas da terra e do mar
dificil ser auténtico ecoloxista
e revolucionario neste suicida tempo
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)