nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
coma nun conto medieval
o rei e a raiña visitan
a alguns dos seus subditos
conquistadas e visitantes
porque están doentes
por unha nova peste
o rei é de sangue azul
mui belicista pero o cobarde
nunca vai as varias guerras
nas que está metido o seu estado
pero non se perde os fesfiles
e grandes exhibicion e maniobras
e a raiña é unha plebeia
que ven da farandula oficial
e non perde ocasion dunha foto
e dun baño de masas controladas
esta nova peste asolou a capital
e algunhas vilas dunha nacion
revelde do seu imperio
e a peste foi introducida
polos esbirros dos reinos
do oriente e do sur
amigos deste cobarde
e hipocrita monarca
que pode dar tanto terror
como a propia peste
o insubmiso cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)