nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
elefantes de papel
en manada mui pequena
co seu pasiño tranquilo
chega a terras de salzeda
cos compas treze catorze
as defensoras da terra…
este libro elefantiño
manda todo o seu afecto
aos paquidermos do circo
polo amigo que perderon
non aos circos de animais
os animais pro seu medio
elefantes de papel
polas sabanas e as selvas
por rios praias e portos
da terriña até a meseta
son migrantes animais
que derruban as fronteiras
nesta casa da cultura
de salzeda de caselas
temos centos de debuxos
das veciñas máis pequenas
elefaaaantes e jirafas
paxariños bolboretas
ervas saltóns cans e tigres
dinosaurias e abellas
arbores e tartarugas
moita vida desta terra...
e voaron unhas aves
nesta casiña de pedra
e seguiu a elefaaantada
moi perto na tabertenda...
algunhas das rimas
na presentación do libro
de maria salinas e berto
pitata con lorena de treze
catorze e os debuxos
da rapazada de tres anos
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)