Xullo 2011

02-7-2011

o niño da carriza


a carriza fixo o niño

no medio do vello paraugas
que hai no coberto do pilón
e o tendal da roupa

pero á carriza
algo lle debeu pasar
que abandonou o niño
e os seus tres ovos

á carriza
ou a outra parente sua
vimola dias despois
entre as arbores


01-7-2011

barcos para gaza


á beira do vello mar entre as terras

tantas e tantas rexions que se desangran
entre guerras e a falsa paz dos muros
dos que se ven e dos que non se ven

cara unha desas terras zarparon
os barcos do desbloqueo
logo da tentativa frustrada
con asasinados o ano pasado

uns barcos partiron para gaza
a chamada frotilla da liberdade
cunha estraña e esperanzada
pasaxe de activistas e periodistas
defensores de dereitos humanos
pensadores e artistas
utopicos e escepticas
e todos eles moi indignados
desde hai moito tempo