Xaneiro 2017

07-1-2017

sempre en galiza castelao

 


sempre en galiza daniel castelao
galiza entre rianxo e extremadura
entre compostela e bos aires
e nunca fóra de galiza
aínda na emigración
no desterro no exilio

sempre en galiza

castelao


pipas

 

 

06-1-2017

carballa palmeira ...



camiño da vella coia
que lle chaman da carballa
da florida pra fragoso
entre os campos e as casas
a palmeira foi ferida
e morta foi desfollada
ao seu carón moi viva
a lonxana araucaria
máis abaxo no camiño
taláronnos cinco acacias
que xa eran moi amigas
da indíxena carballa

 

 

04-1-2017

occidente de carlos fontes

 


     “Unos festejan sus millones,
     otros su camisita limpia
     y hay quien no sabe qué es brindar"

     Silvio Rodríguez, Canción de Navidad

 


Adicado ás persoas

que non poden brindar nin celebrar

por culpa da avareza desatada dos poderosos.


O ruído de fíos fai sentir
a presenza escura da materia
entre as augas paradas de Occidente.

A vella razón
vai armada de esencias coloniais
e outros artefactos compasivos.

O vello destino
coloca a favor as coitelas
contra o vicio de soñar
coa medula reseca do amor.

A vella piedade
pon orde na paz dos miserables,
e rotula con peso bíblico
os versos laboriosos do Corán.

A vella xustiza
asina, pola forza das armas e da cruz,
a lei que cura a temible enfermidade dos abrazos,
a lei que envía todo o intocable que aínda queda
a prestar xurarmento ante os fusís.

Carlos Fontes

 

03-1-2017

fumegha unha cheminea



unha soa nesta aldea
as seis e pico da tarde
o solpor vai pola esquerda

so un fío regho de fume
fumegha esa cheminea
a casa vaise quentando
cas árbores que son leña

en vincios


01-1-2017

ano-novo !?

 


hai unhas horas din
que empezóu un novo ano
antes seica foi por alepo
e primeiro en fukushima
polas illas do sol nacente

pero elas van co ano luar-oriental
logo será ano-novo en chiapas

pero os mayas van noutro ciclo vital
e logo … o sol a lúa o globo ...

imaxe en vincios antesdonte
pero ben podían ser os montes
e os piñeiros da mixteca