verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
praia dese mar caribe
de guanahatebeyes siboneyes ou taínos
e logo tamén de brancos e mestizas
negros mulatas e inmigrantes ...
caribeño areal das antillas
palmeiras cocos augas turquesas...
praia desa illa do mar caribe
primeiro eras mui pouco coñecida
e despois saíche en moitas portadas
porque alguén te escolléu con maldade
e probocache poemas cadros cancións ...
playa girón de cuba
xira xira outro pouco máis
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)