verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
o lavadeiro da fonte do ouro
ten unha xanela cara ao monte
na que ollamos a desfeita
do abandono o arcolito o lume…
pero miles de pequenos invasores
foron arrincados onte a mañán
polo colectivo changrande e amigos
e foron sementadas uns centos
de castañas xa xermoladas
a esquerda desta imaxe
entre os grandotes loureiros
está o abandonado muiño
sen teito sen auga …
pero coas rexas paredes
de granito da canteira próxima
gardan o rumor das muiñadas
e a rapazada hai pouco
aínda xogaba nel
tamén a boca do cubo do muiño
é como unha húmida xanela
ao pasado de freixo...
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)