historias do chapapote

15-10-2012

tempo de e-leccions 2




entre o tempo do chapapote

e o tempo de galiza non se vende
que pasou que nos pasou !?

temos algunha resposta 
nos epitafios de celso emilio
que non viviu estes tempos
fillos da longa noite de pedra

neste tempo de crise e e-leccions
no que case todos os dias
hai algunha manifestacion na rua
o nunca mais foi unha leccion
e galiza non se vende é outra
pero pouco temos aprendido

o cronista



24-1-2010

voluntaria

como nun maldito canto
verso a verso sen palabras
vas enchendo o teu capacho
voluntaria de mougás

cando baixan as marés
pedra a pedra sen descanso
vas raspando mil mentiras
voluntaria de figueiras

    e pra rua tes que ir
    paso a paso reclamando
    o teu dereito a limpar
    de ribeire voluntaria

cando levantas os ollos
cabo a cabo pasan barcos
con chapapote asasino
de karnota voluntaria

nesta costa que xa é vosa
dia a dia dignidade
vai vencendo ao pesadelo
de muxia voluntaria

     e no traxe tes escrito
     letra a letra en chapapote
     con protesta e con promesa
     voluntaria nunca mais

                          4-03

Distribuir contido