verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
uns cacharriños de barro
escribiume unha amiga
para o sabado expoñer
ceramista alfareira
materia que colle corpo
que ela xa vai compoñer
gres altamente cocido
formas azuis sobre o branco
que pintaron esas mans
tazas pratos e bandexas
azucreiro e meleira
debuxos da terra e o mar
e vasos xerras e cuncas
o te o zume o tomate
unha mesa pra almorzar
noutra louza van os pinchos
bo tintorro do país
o convivio e o cear
manolo pipas
para beti pola exposicion
de ceramica inaugurada onte
en alfar vigo h cortés 5
espazo para a louza de autor
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)