ramblas ou refuxiadxs de mil guerras
no paseo dunha cidade occidental
do eixample até o mar / vou dar un paseo longo
e nas ramblas viaxarei / polas culturas do globo
entre plátanos enormes / por onde un río baixaba
hoxe temos o paseo / máis exótico de barna
saen os corpos no mencer / a dar vida a esta gran feira
e no chan quere medrar / o mural dunha serea
os eléctricos rapeiros / lanzan trovos insubmisos
e un mestizo guitarreiro / lembra aos desaparecidos
saharagüis cos seus cantos / bolivianos con zampoñas
os jembés do kurdistán / e violinos de kosova
un poeta subterráneo / sae a vender os seus versos
e un velliño saca as voces / dos seus peludos monecos
o movimento dun mimo / vai poñer o contraponto
á rixidez doutro actor / que che vai cravar os ollos
unha cartaz cola unha okupa / dun concerto pola hansa
na defensa desta vida / contra a represion da pasma
unha vella palestina / vende soedade en liño
e outro corpo sen memoria / so pode ofrecer sorrisos
vigo-barna 98-99
publicado no libro marzo
abril e outros naufraxios