verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
marchache cando abren
as primeiras flores das camelias
nas que viviche e escribiche anos
aínda que ti es máis de magnolias
e vaste a cabalo galopando
chove e venta e por fin
dúas semanas leva chovendo
meláncolico tempo e imaxínote
case sempre atravesado
paseando por independencia
e polas máis de cinco veces
centenarias travesas
…
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)