23-6-2018

monte queimado e fogueira

 


hai tantas árbores mortas
nos montes de freixo matamá
fragoselo chandebrito…
que na vosa aldea poderíades
facer a fogueira do solsticio
e botando pouco a pouco
a madeira menos aproveitable
poderíades estar un ano enteiro
con ese lume comunitario da memoria
pero iso non o queremos facer

que a fogueira so dure unhas horas
ou unha curta e longa noite enteira
cando eramos pequenos

imaxe na ghaspara