verso a verso 
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
  nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
somos as netas das bruxas
que non pudestes queimar
e ti, uneste ao aquelarre?
as vosas  letras 
as palabras as frases
nas faixas e cartulinas 
o teu micromachismo 
dame patriarcadas
as verdades as consignas
as protestas as propostas 
da feminista rebeldia...
o medo vai cambiar de bando
as raibas a calma a acción 
as ofrendas as sementes...
eu son unha folerpa de neve 
pero xuntandonos somos abancha
e unha violeta
faixa sen palabras 
pero con todas elas 
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
 realizado e albergado en promathea ;)