29-6-2018

memoria dos vencidos



nese chamado valle de los caídos
sobre varias construccións
de propaganda do franquista réxime
hai unha inmensa cruz cristiana-fascista
de cento ciencoenta metros de altura
bendecida pola igrexa catolica
que se ve desde mui mui lonxe

se nese chamado monumento
foron obrigados a traballar
os presos republicanos
e mesmo sen permiso das familias
os vencidos foron enterrados alí
é de sentido común e xustiza
que a familia franco pague
o derrube dese simbolo fascista
ou que eles e os seus seguidores
traballen para derrubala

sr sánchez esas construccións aínda
que saquen os restos do dictador
nunca serán un monumento
pola reconciliación

unha copia duns poucos metros
témola no monte do castro
defendida polo alcaldísimo
do partido do señor sánchez

o cronista