verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nesta terra que din dos mil poetas
temos miles de cantos centos de voces
entre as rías as chairas e as serras
faltannos trovadoras e cantautores
deste mariño café de catro a catro
imos á terra cha de manuel maría
cantautores e trovadoras de garda
sodes para unha inmensa minoría
cantaron nico anxo blas alexa e o leo
e sumaronse zan nuria alex e vanesa
a min tocoume levar o fío conductor
presentei e botei dous poemas
o leo botóu o encontro a andar
e rematamos co carro e irmaus
na imaxe anxoblas e o leo
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)