12-2-2014
memoria da bouza e coia
unha parella xa maior que naceu no barrio ou veu de fora dencansa á beira dun reclamo é unha foto do barrio da bouza en coia penso que a finais dos setenta sentados á beira do campo gitano así chamado popularmente por nóspolo campamento que había perto del e a esquerda as cocheiras dos tranvías onde nós xogábamos de nenose detrás delas os ameazantes edificios onde está o campo de fútbol agora temos o parque da bouzae debaixo dela a bouza vellapiñeiros e carballos e a charca coa seu rico ecosistema húmidopero aínda faltan espacios culturais e esta foto atopeina con outras exposta na biblioteca neira vilas do calvarionunha charla sobre os ultimos anos de coia das leiras aos grandes bloques o despoxo dos que ali vivían en pequenas casase a construcción do novo barrio incumprindo o proxecto orixinal coa masificación dos edificios as barriadas dormitorio de infraestructuras materiais e equipamentos deficitarios e as poucas zonas verdesas drogas chamadas duras e a delincuencia que quen sabe como e porqué entraron e de todo isto se defendeu pacificamente o asociacionismo do barrio da faixa da imaxeo movimento cidadán de dorna rueiro luar ...e ainda hoxe algúns dos nosos vellos camiños mal asfaltados de coia seguen sen beira-ŕuas e con iluminación deficiente para chegar ás casas como surrealistas reductos da coia rural orixinariao cronista desde o camiño de figueirido