nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
as maceiras e as palmeiras
en láncara irmanadas
por cuba e por fidel
nestas terras rosalianas
cantos e agradecementos
por unha vida entregada
ángel pai dos irmáns castro
nacéu nesta aldea e casa
río neira e río miño
polo atlántico a la habana
esta é a casa de fidel
en láncara din as paisanas
un centro de emigración
agora son as estancias
cociña habitacións cortes
contan historias lonxanas
des emigrantes en cuba
de vidas atravesadas
fidel non quixo o seu nome
pra colexios e pra prazas
xunto a casa do seu sangue
xa ten o martí unha estatua
en agosto xoves trece
cen anos da súa chegada
esta homenaxe a fidel
palabra galego-cubana
por maceo e por guillén
polo asalto ao moncada
por esta revolución
que resiste golpeada
discursos décimas trovas
e todas foron martianas
por esta pequena illa
que sempre foi solidaria
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)