verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
imaxinasons
o noso festival de jazz
que cada xullo nos traía
a riqueza dos seus sons
imaxinasons
o noso festival de jazz
pero so nos queda imaxinalo
xa que foi decapitado
polo inculto concello de vigo
imaxinasons
o noso finado festival de jazz
pero so nos queda imaxinalo
e lembrar aqueles sons
aqueles gratos concertos
na foto o imaxinasons
hai anos nas vellas travesas
coitada tamén hoxe a praza!
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)