verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
chayote nos méxicos
chuchú polo brasil
e acá patata do aire
é un froito máxico
dunha planta revelde
máxicos son os recitais
pero este tamén foi tráxico
polo que pasóu e está a pasar
nese continente das américas
de onde ven o chayote
máxico que che merquen
uns libros daquelas viaxes
e poidas escribir algo neles
a quen coñeces e aprecias
que está tras do chayote
imaxe carlosdeteis
versos manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)